Archivo (11 del 2020)

Buscador

Noticias

O grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo manterá a súa primeira reunión o próximo mércores logo de que a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago acordaran a súa composición. O obxectivo é estudar as últimas evidencias en torno ás figuras e valorar accións conxuntas para a súa reintegración no patrimonio público, seguindo unha folla de ruta sólida e consensuada como se fixo no caso do Pazo de Meirás. A constitución deste grupo de traballo xurde da necesidade de cooperar e avanzar de xeito conxunto entre as distintas administracións para analizar a nova documentación atopada, defender a protección patrimonial das estatuas e acadar acordos que resulten beneficiosos para a cidadanía.
A mostra poderá visitarse desde hoxe ata o 4 de abril do vindeiro ano na Cidade da Cultura, con motivo do centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. É a primeira grande exposición que se fai desde o falecemento de Díaz Pardo, e trata de albergar todas as perspectivas dunha obra poliédrica que alcanza moitas miradas, pero un só compromiso ético e estético: Galicia. Diversas persoas e institucións achegaron as 265 pezas que constitúen a mostra: desde a propia familia Díaz Arias de Castro, a colección de Abanca ou o Museo Carlos Maside, entre outras moitas. A través de Sargadelos e do Laboratorio de Formas, Díaz Pardo recuperou elementos sobranceiros da nosa cultura e os convirteu en obxectos do día a día que habitan en fogares de dentro e fóra de Galicia.
A Xunta de Galicia puxo en marcha, recentemente, o sistema PassCOVID, unha canle de contacto telemático coa cidadanía para facilitar a xestión da pandemia. Esta ferramenta informática en forma de app para dispositivos móbiles, ofrece información actualizada sobre a situación da crise sanitaria en todo o territorio e a nivel local, con avisos, recomendacións e alertas das medidas que a Xunta de Galicia está a activar para conter a pandemia orixinada polo coronavirus. As persoas que descarguen PassCOVID poden optar por facelo como usuarios identificados, empregando o sistema de claves concertadas Chave 365, ou ben levalo a cabo de xeito anónimo.
O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.196 deles 1.831 son da área da Coruña, 1.109 da de Lugo, 1.131 da de Ourense, 1.194 da de Pontevedra, 2.475 da área de Vigo, 1.338 da de Santiago, e 1.118 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 85 están en UCI, 508 en unidades de hospitalización e 9.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 29.376 persoas curadas, rexistrándose 969 falecementos. O número de PCR realizadas é de 730.777. O número total de positivos en centros educativos é de 1.272, con 68 aulas e un centro pechados.
Este xoves e venres organízase desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense o XXII Seminario Hispano-Luso de Economía Empresarial, iniciativa do Círculo Ibérico de Economía Empresarial (Cibecem). A cita, que se celebra a través do Campus Remoto da UVigo debido á situación sanitaria provocada pola covid-19, está considerada como punto de encontro anual das e dos investigadores no eido da economía empresarial das universidades da raia lusa e española e conta coa participación de arredor de 200 persoas.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou en rolda de prensa que a Xunta apoiará aos establecementos da hostalería pechados debido ás restricións provocadas pola covid-19 cunha liña de axudas de entre 2.200 e máis de 7.000 euros. Tras lembrar as reunións mantidas con representantes do sector na busca de solucións e anunciar a apertura dunha Mesa da hostalería para perfilar esta liña de axudas, Feijóo explicou que o abano oscila entre “como mínimo 2.200 euros no caso dun autónomo propietario dun bar ou dunha cafetería sen empregados” e máis de 7.000 euros no caso dun autónomo que teña empregados nesa cafetería, nese bar ou nese restaurante.
A Comunidade galega viviu un mes de outubro frío e con precipitacións que se quedaron en valores moi próximos á normalidade. Así se desprende do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que en comparación cos valores das estacións máis representativas da comunidade no período histórico de referencia, este outubro foi o máis frío desde o ano 2008. A tónica xeral en Galicia ao longo de todo o mes foi a entrada de sucesivas borrascas, de xeito intermitente pero con moita actividade. Así, outubro arrancou o día 2 co paso de Álex, que deixou na Comunidade galega fortes refachos de vento, chuvia e a entrada de aire frío que mesmo provocou a primeira nevarada do outono en cotas altas.
Alberto Núñez Feijóo comunicou as medidas acordadas tras a reunión do comité clínico, entre as que avanzou o reforzo das restricións nos 60 concellos con maior incidencia epidemiolóxica con novas medidas que entreterán en vigor ás 15,00 horas do vindeiro venres. Baixo a previsión de que as novas limitacións, que afectarán aproximadamente ao 60% da poboación, estean vixente un mes, “sempre coa avaliación constante do comité”, Feijóo precisou que estas se poñerán en marcha nas cidades e nos perímetros que as conforman como zonas de influencia, así como en concellos puntuais cunha tendencia á alza significativa na incidencia acumulada e no número de casos nos últimos 7 e 14 días.
Pese a este aumento, e, segundo destacou a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, no Estado o desemprego crece case o dobre que na comunidade galega, que se sitúa como a terceira autonomía na que menos aumenta o paro. En concreto, en España medra o paro nun 20,40%, polo que o ritmo de subida en Galicia é máis de 10 puntos inferior. Lado valorou hoxe os datos de paro rexistrado destacando que os efectos da covid-19 continúan impactando no mercado laboral. Pese a este aumento, sinalou que Galicia conta con 10.322 parados menos que ao inicio do impacto da pandemia.
A Xunta de Galicia porá en marcha nos vindeiros días unha unidade específica para atender aos centros escolares no seo da Central de Seguimento de Contactos (CSC). Unha iniciativa, froito da colaboración entre os departamentos de Sanidade e Educación, co obxectivo de facer un seguimento da covid-19 máis axustada á realidade educativa e para reforzar, aínda máis, a seguridade sanitaria nos centros. Esta mesma mañá, os conselleiros de Sanidade, Julio García Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantiveron unha xuntanza para detallar o funcionamento desta nova unidade da CSC.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (454)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES