Archivo (11 del 2020)

Buscador

Noticias

A Cidade da Cultura vén de transformar as Torres Hejduk nun banco sonoro e visual de memorias, pegadas e experiencias do Camiño recollidas durante este ano 2020, marcado pola pandemia da covid-19. Faino a través da intervención artística efémera A distancia da imaxe, que foi inaugurada esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nun acto que contou tamén coa presenza do director institucional territorial noroeste do Banco Sabadell, Manuel Prol, en representación da Fundación Banco Sabadell. A instalación, que poderá visitarse ata o 7 de marzo, forma parte dunha serie de intervencións artísticas realizadas neste espazo expositivo non convencional, co Camiño de Santiago como eixo e enmarcadas na programación do Xacobeo 2021.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.554 deles 1.855 son da área da Coruña, 1.064 da de Lugo, 880 da de Ourense, 1.250 da de Pontevedra, 2.426 da área de Vigo, 1.148 da de Santiago, e 931 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 90 están en UCI, 514 en unidades de hospitalización e 8.950 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 32.983 persoas curadas, rexistrándose 1.039 falecementos. O número de PCR realizadas é de 772.334.
A Xunta e a compañía Indra deron comezo ás probas de voo finais do Targus, o avión opcionalmente pilotado (OPV) civil máis avanzado desenvolto ata a data en España no marco do Polo Aeroespacial de Galicia. A aeronave está preparada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección medioambiental e do territorio e control de usos do solo, entre outras aplicacións. A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, acudiu ao Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas, en Lugo, para comprobar os traballos que se están realizando co dron. Os pasados meses de xuño e xullo, o Targus xa completou unha primeira serie de probas nas que demostrou a súa capacidade para ser pilotado en remoto desde terra e voar de forma autónoma.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.869 deles 1.921 son da área da Coruña, 1.129 da de Lugo, 929 da de Ourense, 1.263 da de Pontevedra, 2.463 da área de Vigo, 1.186 da de Santiago, e 978 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 95 están en UCI, 516 en unidades de hospitalización e 9.258 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 32.161 persoas curadas, rexistrándose 1.024 falecementos. O número de PCR realizadas é de 764.216.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe melloras no proceso de detección de casos covid cun sistema de autodeclaración e 300.000 novos tests de antíxenos dispoñibles. Durante a súa comparecencia no Parlamento para abordar as medidas que se están a adoptar fronte á segunda onda da covid-19, Feijóo aseverou que Galicia traballa para lograr tres obxectivos prioritarios: ter capacidade para responder á presión sanitaria; velar polas persoas e ámbitos máis vulnerables; e evitar un segundo confinamento xeneralizado, “que tería efectos moi nocivos para o presente e para o futuro”.
O importantísimo número de falecementos e a saturación dos hospitais, en particular da unidades de coidados intensivos (UCI), son dúas das principais consecuencias e preocupacións da covid-19. Co obxectivo de contribuír desde o coñecemento científico á abordaxe destas dúas problemáticas, Iván Area, do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo, e Juan José Nieto, do Instituto de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, veñen desenvolvendo desde o inicio desta crise sanitaria diversos modelos matemáticos de predición, tanto da evolución de afectados como das necesidades de camas UCI. Ante os datos actuais e os escenarios que se albiscan, estes investigadores apuntan como na súa opinión a “única saída posible é un confinamento real en Europa durante 15 días”.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.952 deles 1.898 son da área da Coruña, 1.148 da de Lugo, 1.021 da de Ourense, 1.247 da de Pontevedra, 2.455 da área de Vigo, 1.170 da de Santiago, e 1.013 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 95 están en UCI, 514 en unidades de hospitalización e 9.343 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.573 persoas curadas, rexistrándose 1.009 falecementos. O número de PCR realizadas é de 756.759.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, presentou hoxe no Parlamento o teito de gasto non financeiro para o ano 2021, que foi aprobado pola Cámara autonómica. En global, o teito de gasto sitúase en 11.664 millóns de euros, cun aumento de 1.516 millóns respecto ao Orzamento deste exercicio, o que supón un crecemento do 14,9%. Deste importe, 11.012 millóns de euros correspóndense con ingresos non financeiros; 685 millóns proceden do obxectivo de déficit e os 33 millóns restantes son axustes negativos de contabilidade nacional.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe os proxectos vinculados ao eido da automoción incluídos na proposta de Galicia aos fondos europeos e que prevén a mobilización de 1.300 millóns de euros e a creación de 900 novos empregos. Durante a súa participación, esta mañá, na reunión de constitución do grupo de traballo sectorial de automoción Next Generation Galicia-AutoAncora, Feijóo salientou que estas iniciativas se presentan con tres socios “potentes”: “Cun socio tecnolóxico como o CTAG; cunha industria de máis de 130 empresas, agrupadas no Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga); e cunha das grandes factorías de construción de vehículos, o Grupo PSA”
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.015 deles 1.887 son da área da Coruña, 1.116 da de Lugo, 1.035 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.469 da área de Vigo, 1.209 da de Santiago, e 1.045 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 94 están en UCI, 511 en unidades de hospitalización e 9.410 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.148 persoas curadas, rexistrándose 988 falecementos. O número de PCR realizadas é de 752.416. Dos 988 rexistrados ata hoxe, 181 producíronse en residencias e 244 en hospitais e residencias integradas.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (198)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES