Archivo (11 del 2020)

Buscador

Noticias

A candidatura a reserva da biosfera da Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel acaba de superar o último trámite para poder someterse o próximo ano ao ditame definitivo da Unesco. Así o anunciou esta mañá en Chantada a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, pouco despois de que lle comunicaran que o Comité Español do Programa Home e Biosfera (MaB) acababa de darlle o visto bo por unanimidade ao expediente remitido pola Xunta hai un ano.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que os Orzamentos da Xunta de 2021 incluirán o maior investimento público da historia, que roldará os 2.500 millóns de euros e triplicará a inversión territorializada prevista nos Presupostos Xerais do Estado. “Este orzamento vai ter o peso máximo de gasto da serie histórica. Imos investir máis de 11.600 millóns de euros e imos facer dúas cousas: controlar o gasto corrente e apostar claramente pola anticipación das inversións”, dixo.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co novo presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), António Cunha, para fomentar a cooperación transfronteiriza co obxectivo de afrontar a nova realidade poscovid-19 a través do traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión e de proxectos conxuntos. Ao encontro tamén asistiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.No encontro abordouse a importancia de avanzar na posta en marcha do Plan de Reactivación da Cooperación de Proximidade na Fronteira do Norte de Portugal con Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.060 deles 1.835 son da área da Coruña, 1.071 da de Lugo, 781 da de Ourense, 1.213 da de Pontevedra, 2.347 da área de Vigo, 1.036 da de Santiago, e 777 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 106 están en UCI, 503 en unidades de hospitalización e 8.451 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 36.070 persoas curadas, rexistrándose 1.086 falecementos.
O 92,4% dos fogares galegos teñen contratado Internet, cun incremento do 4,1% con respecto ao ano anterior. Isto supón que 34.400 vivendas da Comunidade se sumaron ao uso de internet no último ano. Sen embargo, o máis destacado deste aumento é que se produce nos concellos máis pequenos, onde ata o de agora a fenda dixital era máis acusada. Entre 2019 e 2020 a contratación de internet nos municipios de menos de 10.000 habitantes creceu un 8,7%, máis do dobre que a media de Galicia. Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2020.
A recuperación da economía azul e a busca de novas solucións de financiación específicas para os sectores vencellados ao mar centrou a apertura do Business2Sea 2020, un evento internacional que, organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, e o clúster do mar de Portugal, Forum Océano, reunirá ata o venres a cerca de 600 inscritos nas tres conferencias e 11 talleres programados nos vindeiros cinco días. A inauguración do B2Sea 2020 tivo lugar esta mañá nun acto que serviu para conmemorar o Día Nacional do Mar en Portugal e no que, xunto á directora de Cetmar, Paloma Rueda, e ao presidente de Forum Océano, António Nogueira, participaron diferentes autoridades.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a nova estratexia do sector lácteo para impulsar a I+D+i e a profesionalización desta industria, co obxectivo de chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia. Durante unha reunión cos directivos do Grupo Leche Río, Feijóo anunciou tamén que esta semana se aprobarán os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. “Uns Presupostos que presentamos ás poucas semanas de tomar posesión e co obxectivo de que nos primeiros meses de 2021 teñamos as contas ordenadas”, dixo, aseverando que supoñen un compromiso con Galicia, conscientes da situación que se está a vivir.
A Comisión de Dirección Operativa de BioIncubatech fixo públicos os nomes das propostas seleccionadas na súa segunda convocatoria para formar parte desta bioincubadora de alta tecnoloxía. Son 21 proxectos ou pemes, doce pertencentes ao sector da saúde e nove ao agroalimentario. En total, recibíronse unha trintena de propostas chegadas de todo o mundo e aprobouse a entrada de seis proxectos internacionais. Dous dos proxectos proceden do Reino Unido, dous de Portugal, un de México e un da República Checa. Algúns proceden de centros de investigación de referencia internacional, como a University College de Londres ou o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía.
A Xunta de Galicia vén de informar que non autoriza o traslado as estatuas do Mestre Mateo do seu actual emprazamento no Pazo de Meirás solicitado polos seus actuais titulares. O Goberno autonómico actúa así en base ás medidas cautelares do auto do Xulgado de Primeira Instancia nº 1 da Coruña que determina que non se permita retirada de bens do inmoble mentres se realiza o inventario. As estatuas de Abraham e Isaac gozan da máxima protección grazas á declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) aprobada pola Xunta o ano pasado e isto supón obrigas legais para os propietarios, entre elas, a obrigatoriedade de comunicar previamente calquera posible traslado.
A Xunta de Galicia esixiu hoxe ao Goberno central que explique ás comunidades autónomas, con rigor e claridade, os criterios de reparto dos fondos que se mobilizarán nos próximos tres anos a través do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia. Esta foi a postura que defendeu a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no transcurso da reunión da Conferencia Sectorial convocada esta mañá polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e que se celebrou telematicamente.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES