Buscador
Noticias
Os Orzamentos da Xunta para 2021 destinan catro de cada cinco euros a gasto social, emprego e reactivación económica coa finalidade de seguir combatendo a pandemia, impulsar a dinamización da economía e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos. Así o recolle o proxecto de Lei de Orzamentos para 2021 que foi entregado hoxe no Parlamento polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, xunto ao proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.669 deles 1.798 son da área da Coruña, 1.097 da de Lugo, 637 da de Ourense, 1.234 da de Pontevedra, 2.260 da área de Vigo, 959 da de Santiago, e 684 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 100 están en UCI, 459 en unidades de hospitalización e 8.110 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 39.674 persoas curadas, rexistrándose 1.146 falecementos. O número de PCR realizadas é de 854.141.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, a aprobación da Estratexia de dinamización do sector lácteo 2020-2025 para consolidar Galicia como potencia láctea en España e Europa. Feijóo incidiu en que este é un sector relevante polo que é e polo que pode ser. Tras recoñecer a súa relevancia nos ámbitos económico, demográfico e social para vertebrar e manter poboación no rural, Feijóo abundou que tamén é relevante no ámbito medioambiental porque un rural ordenado, coidado e útil é un rural medioambientalmente sostible.
A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Insua, participou hoxe por videoconferencia na 87ª reunión do Consejo de Patrimonio Histórico na que se analizaron as candidaturas españolas, entre as que se inclúe a proposta de Galicia para a Ribeira Sacra, que serán avaliadas na próxima sesión do Comité do Patrimonio Mundial que se celebrará en China no verán de 2021. Así, co obxectivo de que a paisaxe cultural da provincia de Lugo e Ourense sexa incluída na prestixiosa Lista do Patrimonio Mundial durante a celebración da 44ª sesión estendida do Comité, a Xunta de Galicia vén desenvolvendo un importante traballo técnico, impulsado pola da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para acreditar e defender os valores sobranceiros deste territorio.
O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, chamou a atención esta mañá sobre a innovación que se está a desenvolver desde os centros de ensino galegos, presentando como exemplo os proxectos maker dos 14 centros de primaria, secundaria e formación profesional que se presentan hoxe na xornada educativa da Maker Faire Galicia 2020. Un pequeno satélite, unha estación de baixo custo para o control da calidade da auga, ou o emprego da tecnoloxía ao servizo dunha educación máis inclusiva e segura nos tempos da covid-19, son algúns dos proxectos que se darán a coñecer nesta xornada da Maker Faire Galicia 2020, que por vez primeira dedica todo un día ao ámbito educativo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.098 deles 1.888 son da área da Coruña, 1.072 da de Lugo, 749 da de Ourense, 1.250 da de Pontevedra, 2.422 da área de Vigo, 993 da de Santiago, e 724 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 101 están en UCI, 472 en unidades de hospitalización e 8.525 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 37.210 persoas curadas, rexistrándose 1.107 falecementos. O número de PCR realizadas é de 826.926.
Galicia e o Norte de Portugal defenden a cooperación transfronteiriza en tódolos sectores vinculados ao mar e á actividade marítima. Así o explicou a subdirectora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Graça Fonseca, nunha mesa redonda online con máis de 150 participantes na que incidiu no compromiso da institución coa cooperación no ámbito da economía azul. A mesa redonda celebrouse no marco do Business2Sea 2020, organizado por Fórum Oceano e o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar coa colaboración da AECT da Eurorrexión.
As persoas traballadoras autónomas de Galicia con e sen persoal contratado ao seu cargo poden solicitar desde o día de hoxe as axudas da Xunta para apoiar a súa actividade. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a primeira das liñas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas, que inclúe tres programas diferentes: o dirixido a autónomos (que se publica onte); a microempresas e autónomos con persoal a cargo; e aos establecementos hostaleiros situados nalgún dos concellos con maior incidencia epidemiolóxica que se vexan afectados polo peche da súa actividade debido á normativa sanitaria.
Expertos e expertas das tres universidades galegas están a traballar coa Xunta e o Clúster Turismo de Galicia nas bases do novo Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro, co que o executivo autonómico pretende facer fronte á covid-19 e reactivar o sector turístico. Concretamente o Plan, presentado hoxe en Santiago de Compostela polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, busca recuperar a confianza dos viaxeiros a través dun modelo turístico sustentable e de calidade e que sitúe a Galicia ademais como un destino seguro que ofrece un turismo tranquilo e non masificado.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.051 deles 1.876 son da área da Coruña, 1.100 da de Lugo, 749 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.317 da área de Vigo, 1.006 da de Santiago, e 749 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 102 están en UCI, 476 en unidades de hospitalización e 8.473 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 36.586 persoas curadas, rexistrándose 1.092 falecementos. O número de PCR realizadas é de 819.277.