Noticias

Seguen á baixa os casos activos por coronavirus: Galicia rexistra un total de 9.051

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.051 deles 1.876 son da área da Coruña, 1.100 da de Lugo, 749 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.317 da área de Vigo, 1.006 da de Santiago, e 749 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 102 están en UCI, 476 en unidades de hospitalización e 8.473 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 36.586 persoas curadas, rexistrándose 1.092 falecementos. O número de PCR realizadas é de 819.277.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

R., 2020-11-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (singular-2026.jpg) A 11ª edición do Singular desenvolverá 16 actividades ao longo de 24 días, con 12 espectáculos, dos que sete corresponden a compañías galegas, tres a formacións do resto do Estado e dous son propostas internacionais. O certame comezará o 6 de marzo coa función de El hijo de la cómica, da produtora Pentación, que se presenta como estrea en Galicia, e continuará ao longo do mes cunha carteleira na que conviven nomes recoñecidos do panorama estatal con creación galega e internacional. Incorpora unha segunda estrea na nosa Comunidade, Sahara, da compañía canaria Unahoramenos. A programación inclúe tamén dúas estreas en España: o espectáculo Ser humana, da actriz e dramaturga uruguaia Angie Oña; e Girasoles para María, da compañía da creadora cubana Gretel Cazón.
Foto de la tercera plana (sendeiros-azuis.jpg) Galicia terá este ano 72 sendeiros azuis, unha cifra récord e coa que volve liderar, unha vez máis, a clasificación nacional deste programa, promovido pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) para poñer en valor as rutas e camiños como recurso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e axudar a interpretar ambientalmente a contorna. Galicia concentra o 37,1% das 194 rutas galardoadas en todo o país, sendo, con diferencia, a comunidade española cun maior número de sendeiros azuis, moi por diante das segundas, a Rexión de Murcia (32) e a Comunidade Valenciana (31). Pontevedra conta este ano con 44 sendeiros azuis, o que a converte na provincia española con máis recoñecementos. A Coruña terá 15 distintivos; Lugo, 7; e Ourense, 6.

Notas

A docente da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña Ana María Sánchez Bello, coordinadora do Grupo de Innovacións Educativas, participa xunto co Grupo de Investigación Cies da Universidade de Vigo nun proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que busca xerar novas narrativas sobre a inclusión educativa a través do diálogo entre docentes, familias, asociacións e outros axentes educativos.
O grupo Cies da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (UVigo) busca xerar 'novas narrativas sobre a inclusión educativa' a través do diálogo entre docentes, familias, asociacións e outros axentes. Para iso, impulsa 'bibliotecas humanas' nas que diferentes sectores poidan achegar as súas experiencias, co propósito de que o diálogo entre colectivos heteroxéneos posibilite a identificación de novas solucións aos retos e problemáticas en materia de inclusión nas escolas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES