Noticias

O número de casos activos por coronavirus en Galicia repunta ata os 9.098

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.098 deles 1.888 son da área da Coruña, 1.072 da de Lugo, 749 da de Ourense, 1.250 da de Pontevedra, 2.422 da área de Vigo, 993 da de Santiago, e 724 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 101 están en UCI, 472 en unidades de hospitalización e 8.525 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 37.210 persoas curadas, rexistrándose 1.107 falecementos. O número de PCR realizadas é de 826.926.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

R., 2020-11-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (premio-josefa-wonenburger-2026.jpg) África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá coa especialidade en Inmunoloxía. Posteriormente, realizou importantes investigacións no Laboratory of Molecular Biology de Cambridge onde participou na técnica de investigación da obtención de anticorpos monoclonais. Pola súa banda, Yolanda Prezado é licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus). Previamente, formou parte do Institut Curie, en París, como líder do grupo de radiobioloxía traslacional.
Foto de la tercera plana (agaivota-ensaioaberto.jpg) O Centro Dramático Galego porá en escena do un ao catro de outubro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, a coprodución 'A gaivota, ensaio aberto', tras realizar estes días na Cidade da Cultura unha estadía técnica e artística no marco do programa DescArtes das Residencias artísticas do Gaiás. A gaivota, ensaio aberto é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego, a compañía galega Crémilo, a portuguesa Colectivo 84, Teatro San Martín de Buenos Aires, Teatro del Galpón de Montevideo e outras entidades internacionais. O proxecto foi creado nas Residencias ArtisTEA do Concello de Ponteareas e conta coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón e do Ministerio de Cultura de Cabo Verde.

Notas

Cunha xuntanza celebrada na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, na que participaron representantes da Xunta e das tres universidades do SUG, iniciáronse os traballos para a elaboración do Plan Galego de Financiamento Universitario 2028-2032. O período 2028/32 manterá a estrutura do plan vixente, incluíndo as novidades incorporadas ao SUG nos últimos anos, como a matrícula gratuíta ou a Fundación Galtia.
A European Society for the Study of English, a asociación de maior relevancia nos estudos ingleses en Europa, desenvolverá o seu 18º congreso internacional en Santiago do 31 de agosto ao 4 de setembro. Este encontro reunirá preto de 800 investigadores de máis de 33 países europeos, ademais de Xapón, Estados Unidos, Canadá ou a India, que debaterán sobre os avances no campo da lingüística inglesa e da literatura e a cultura dos países anglófonos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES