
O texto foi elaborado pola AECT da Eurorrexión en coordinación con todos os actores da cooperación transfronteiriza. Un dos obxectivos do Plan é actuar en conxunto para conseguir que os fondos europeos para o período 2021-2027 teñan en conta de forma especial ás áreas de fronteira. Por iso, o Plan contempla proxectos presentados por Eurocidades, concellos e AECTs dotados cun investimento de case 3 millóns de euros. O Plan estudarase no próximo Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, no que tamén se prevé relanzar un novo Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) para maximizar o novo marco orzamentario plurianual da UE 2021-2027 no territorio da Eurorrexión.
O vicepresidente primeiro da Xunta destacou a importancia do PIC para planificar de forma conxunta os investimentos da Eurorrexión e que no próximo período financeiro apostará pola innovación, a ecoloxía, a cohesión e o desafío demográfico.
Nesta liña, destacou o traballo e a aposta pola cooperación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que grazas á súa boa xestión e a iniciativas como o PIC, conseguiu situarse como a primeira en captación de investimento no marco do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP), entre 2014 e 2020, cun total de 135 millóns de euros para a posta en marcha de 80 proxectos. En concreto, tal e como sinalou Alfonso Rueda, case o 60% do investimento a iniciativas transfronteirizas foron para as presentadas por Galicia e o Norte de Portugal.
Por iso, incidiu en que a Eurorrexión ten que seguir a manter esa posición de liderado, polo que é necesario acordar, como se fixo nesta reunión, un marco común e sentar as bases dos criterios para os proxectos que se vaian presentar co obxectivo de captar fondos europeos.
Alfonso Rueda apelou a continuar a cooperar no ámbito da Eurorrexión con iniciativas en conxunto que beneficien aos cidadáns de ambos lados da fronteira. Así, confía en que as boas relacións e estes anos de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal permitan seguir conseguindo fondos, en especial neste ano marcado polo peche da fronteira durante o estado de alarma pola covid-19.
Na reunión de hoxe abordáronse ademais as propostas consensuadas entre a Xunta e o Norte de Portugal que se avaliaron no Cumio Ibérico celebrado o pasado outubro entre os gobernos de España e Portugal. Nesta liña, ambas institucións seguen a reclamar un impulso do Camiño Portugués a Santiago de Compostela para dar un novo pulo ao Xacobeo 2021, a finalización do tren de alta velocidade entre Vigo e Porto e a construción da saída sur de Vigo para prolongar esta liña, así como a conexión internacional por autovía entre Galicia e o noreste portugués.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.