O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta mañá na xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento, ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo.
Gamallo destacou na súa intervención o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. Nesta liña, explicou como algunhas políticas comunitarias afectan á vida diaria á sociedade galega e, en especial, á mocidade.
O futuro de Galicia tamén depende en grande medida das decisións que se toman a nivel europeo como é o caso das axudas postas en marcha dende a Unión Europea para apoiar á agricultura ou na necesidade dunha política pesqueira común que promova a sostibilidade sen deixar atrás ás familias galegas que dependen da pesca. Achegou, ademais, o traballo da Xunta en defensa destes intereses de Galicia ante as institucións europeas a través da Fundación Galicia Europa.
De feito, a fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.