Noticias

Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de Internet, un 4% máis que en 2019

O 92,4% dos fogares galegos teñen contratado Internet, cun incremento do 4,1% con respecto ao ano anterior. Isto supón que 34.400 vivendas da Comunidade se sumaron ao uso de internet no último ano. Sen embargo, o máis destacado deste aumento é que se produce nos concellos máis pequenos, onde ata o de agora a fenda dixital era máis acusada. Entre 2019 e 2020 a contratación de internet nos municipios de menos de 10.000 habitantes creceu un 8,7%, máis do dobre que a media de Galicia. Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2020.

Este documento constata que a contratación de internet supera o 94% en todos os concellos de 50.000 a máis de 100.000 habitantes; que no tramo de 20.000 a 50.0000 habitantes esta porcentaxe ascende a máis do 95%; e que nos concellos de 10.000 a 20.000 habitantes pasou do 86,1% ao 91,5%.

Segundo a análise realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as cifras confirman que a totalidade dos galegos de 16 a 34 anos empregan Internet e superan a media estatal no uso habitual de Internet pero, ao mesmo tempo, tamén se están a producir incrementos significativos do uso das TIC entre os maiores galegos de 65 anos.

Uso das TIC

O 87,4% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos tres últimos meses, cun crecemento do 4%, con respecto ao ano anterior. Se ben, o uso de Internet é universal entre as persoas de menos de 34 anos, destaca o crecemento no tramo de idade dos 65 aos 74 anos, onde o uso da Rede sube un 17,5% respecto ao ano anterior (do 45,7% ao 53,7%).

Outro dos indicadores que experimenta un dos incrementos máis relevantes son as compras a través da Rede. Un 47,2% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo a través de Internet nos últimos tres meses, experimentando un crecemento do 20,4% respecto ao ano anterior fronte ao crecemento do 14,7% que experimenta a media estatal, Cabe salientar que un 64,1% dos mozos galegos de 16 a 24 anos compran a través de Internet, superando en 2,3 puntos a media estatal (61,8%).

A Internet das cousas

Nesta edición, a enquisa do INE incorpora un módulo específico sobre a Internet das Cousas. A Internet das Cousas é un concepto que se refire ao uso de dispositivos cotiáns conectados a Internet que tamén poden conectarse entre si para habilitar servizos avanzados, como controlar o dispositivo de forma remota, axustar a configuración ou dar instrucións para as tarefas a realizar.

Do total de internautas galegos, case tres de cada 10 persoas de 16 a 74 anos (o 28,6%) utilizaron dispositivos ou servizos de domótica no fogar, en valores próximos á media estatal (31,1%). En concreto, o 19,6% usou asistentes virtuais en forma de altofalante intelixente ou de App (como Alexa, Google Home, Siri, Cortana,...), superando a media estatal (18,1%); o 10,2% electrodomésticos conectados, o 6,4% sistemas de alarma/seguridade do fogar (fechaduras, cámaras, detectores de fumes,...) e o 7,6% sistemas para a administración de enerxía para o fogar (luces, enchufes, termostatos,...).

En canto ao resto dos dispositivos conectados a Internet no fogar, os máis utilizados son as televisións con conexión a Internet, incluídas as Smart TV (polo 66,1% da poboación usuaria de Internet nos últimos tres meses) e o uso de consolas de xogos conectadas a Internet (30,8%).

Por último, respecto dos dispositivos portátiles conectados a Internet, o 28,5% dos internautas galegos utiliza reloxos intelixentes (smartwatches), auriculares, rastreadores de seguridade ou bandas de fitness conectados a Internet, superando en 4,2 puntos a media estatal (24,3%), o 8,2% dispositivos para a saúde e a atención médica (controlar a presión arterial, o peso corporal,...), superando de novo a media estatal (7,4%) e o 7,3% dispón de automóbiles con conexión sen fíos incorporada

R., 2020-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES