Archivo (2 del 2019)

Buscador

Noticias

As rúas da cidade acollerán, o vindeiro 10 de marzo, a carreira popular 'Soy libre para correr”, un evento para fomentar o deporte inclusivo, escapando dos distintos roles de xénero no deporte, e sobre todo para reivindicar confianza e seguridade no uso dos espazos públicos. A carreira, con saída -ás 11:00 horas- e chegada á Praza Maior, está organizada polo club BOX001 – RunManiak co apoio do Concello de Ourense, Nissan Roferourense e Caixabank. O nome da carreira recolle o nome acuñado polo grupo de corredoras do club BOX001 – RunManiak no acto público de repulsa polo asasinato de Laura Luelmo.
O título da nova exposición de Angela de la Cruz fai referencia a Homeless (Sen fogar, 1996), unha das primeiras obras que realizou a artista rompendo o bastidor que contén o lenzo para converter en tridimensional a peza plana, borrando os límites entre a pintura e a escultura. En palabras da artista “é unha escultura utilizando a linguaxe da pintura e viceversa. É unha pintura e unha escultura”. O título tamén suxire un tema que segue sendo tan importante hoxe como o foi hai máis de vinte anos e que se vencella coa preocupación da artista pola actualidade, a desigualdade social, a situación política ou os efectos do cambio climático. Outra característica da súa obra é a continua reciclaxe que fai dela e que nesta mostra ten a súa expresión na peza Extensión.
Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Consello da Cultura Galega, en colaboración coa CRTVG, deseñaron un amplo programa de actividades que abranguen iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, empresarial, musical e escénico, entre outros, dirixidas a todos os públicos, e que terán como acto central o propio Día das Letras, o vindeiro 17 de maio.
Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, acolleu no V Encontro de Redes de Información europea en Galicia e Norte de Portugal, no que se deron cita representantes de trece centros pertencentes ás diversas redes de información creadas pola Comisión Europea para poñer ó servizo da cidadanía información sobre as oportunidades, dereitos e políticas da Unión. No espazo de intercambio de boas prácticas, Europe Direct A Coruña presentou o Mapa de financiación europea na Coruña, mentres que Europe Direct Tâmega-Sousa e a AEP relataron as súas experiencias no proxecto “Volta de apoio ao emprego”.
Galicia logrou en 2018 un novo récord de exportacións, superando nun 5,4% o rexistro do ano anterior, e logrando tamén o maior número de empresas exportadoras e empresas exportadoras regulares da súa historia. Así, as vendas ao exterior das empresas galegas sumaron o ano pasado máis de 22.857 millóns de euros, e medraron case o dobre que no conxunto de España, onde se incrementaron nun 2,9%. Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, as exportacións galegas, que superan por primeira vez a barreira dos 22.000 millóns de euros, supoñen un 8% do total das exportacións con orixe en España.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias - AGACA- organiza no mercado de Abastos de Santiago de Compostela a exposición "Espazos Efémeros de Emprendemento" no marco do proxecto Interreg PocTep LACES. Cun formato de tenda 'pop up' desenvolverase durante seis fins de semana de febreiro a xullo, en xornadas de venres e sábado. A exposición “Espazos Efímeros de Emprendemento” comeza o venres 22 de febreiro en horario de 9.15 a 15.00 horas. O obxectivo desta actividade é ofrecer aos proxectos e empresas da economía social que se atopan en fase de creación ou consolidación unha experiencia real de venda e conseguir unha importante aprendizaxe que lles axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
A Cidade da Cultura de Galicia convida aos amantes do entroido a disfrazarse de roqueiras e roqueiros e gozar dun baile especial coa música en directo da banda infantil A Gramola Gominola, unha festa para toda a familia que terá lugar o luns 4 de marzo ás 17.30 horas no Museo Centro Gaiás. A estética do rock’n’roll, coas súas cazadoras de coiro, pantalóns axustados, chatolas ou topetes, convértese desta volta no tema do baile que a Cidade da Cultura organiza polo entroido desde fai catro anos e que, en edicións anteriores, se ten dedicado ás xentes do mar, á cultura chinesa ou aos diferentes xeitos de celebrar estas festas ao longo do mundo.
A Consellería de Sanidade vén de presentar aos profesionais de todas a categorías que participaron nos grupos de mellora o borrador do novo modelo de Atención Primaria para os 25 vindeiros anos, que recolle un total de 175 accións a desenvolver a curto, medio e longo prazo, definidas en seis liñas estratéxicas e 45 obxectivos concretos. Do total das accións a desenvolver, 75 defínense a curto; 53 a medio e 47 a longo prazo. Trátase dun ambicioso documento, froito dun traballo multidisciplinar e participativo no que colaboraron profesionais sanitarios, colexios profesionais, asociacións de pacientes e cidadanía, e no que a Consellería de Sanidade e o Sergas avogaron por adoptar decisións compartidas.
A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago converterase esta semana nun “resort vitivinícola” para acoller a premiada comedia O furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro. Marián Bañobre e Isabel Risco son as protagonistas desta montaxe, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, que poderá verse en Compostela do xoves 21 ao domingo 24. Marián Bañobre encargouse de deseñar o vestiario, ademais da escenografía xunto a Santiago Cortegoso, como parte do equipo artístico do que tamén formaron parte Carmela Bueno (movemento escénico), Salvador del Río (deseño de iluminación) e Radio Cos (música), entre outros profesionais.
Para apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i que permitan avanzar cara un novo modelo industrial de futuro para Galicia lanzouse esta convocatoria, dotada con 12,7 millóns de euros e coa que se espera mobilizar preto de 31,3 millóns de euros. As principais novidades perseguen fomentar a participación das pemes: redución do orzamento mínimo dos proxectos de 4 a 2 millóns de euros; aumento do prazo de execución dos proxectos de 3 a 4 anualidades; e establecemento de dúas datas de corte ao longo do ano para adaptarse mellor aos tempos das empresas; entre outras. Mantéñense dúas características dos proxectos: que deben ser estratéxicos para Galicia e deben facer un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (167)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES