Archivo (2 del 2019)

Buscador

Noticias

O ano pasado foi o mellor ano do naval na última década porque Galicia representa a metade do sector en España, converténdose na comunidade de referencia neste eido. O sector galego ten actualmente en carteira 27 buques, un 49% do total dos buques contratados en España. E só en 2018, conseguiu 15 novos contratos, o que supón o 63% de todos os contratos acadados polo naval español. O bo momento que está a atravesar o sector se debe en parte á diversificación, á súa capacidade para adaptarse aos novos tempos, innovar tecnoloxicamente e poder así dar resposta ás novas exixencias e tendencias do sector.
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) de Galicia-Norte de Portugal intensificará a cooperación transfronteiriza a través, entre outras iniciativas, da redacción dun novo Plan de investimentos conxuntos para o período 2021-2027 e actuacións en materia de I+D+i. Así se acordou hoxe na reunión da Asemblea e do Consello Superior dos órganos directivos desta AECT. No encontro participaron por parte da Xunta o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo; a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias; o director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos; e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.
O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia contará co seu primeiro Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX), un completo documento no que se recollen e regulan os usos permitidos neste espazo natural durante a vindeira década co fin de garantir unha maior protección e conservación dos seus valores. Despois de acadar o visto bo do Consello da Xunta a finais de 2018, coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia do decreto de aprobación do plan cómprese o último trámite para a súa entrada en vigor e dáse así un paso imprescindible na candidatura do parque nacional a ser declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
A Xunta porá en marcha unha plataforma dixital dirixida ás empresas galegas interesadas en solicitar unha diagnose de cal é a súa situación e como deben actuar ante o Brexit. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, explicou na inauguración da xornada Galicia ante o Brexit: perspectivas, retos e oportunidades para as empresas galegas, que esta iniciativa permitirá ao tecido empresarial galego, principalmente ás pemes, coñecer de xeito personalizado o impacto real que pode chegar a ter o Brexit no seu día a día para poder anticiparse a adoptar as medidas necesarias para converter o Brexit nunha oportunidade.
Entre os programas que se porán en marcha este ano, destacan os centrados en incentivar a contratación, cinco iniciativas que inclúen, todas elas, ademais das axudas á contratación, apoios á cualificación a través dun bono formación de 2000 euros, que se pode incrementar ata os 4000 euros no caso de que a contratación que a empresa leve a cabo sexa indefinida. Os cinco programas de apoio á contratación e formación, nos que se investirán preto de 11 millóns de euros, van dirixidos aos cinco colectivos con máis dificultades para atopar un emprego, e que son prioritarios en materia laboral: autónomos, parados de longa duración, menores de 30 anos, mulleres e persoas con capacidades diferentes.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe reforzar o Corredor ferroviario ao Noroeste cos investimentos necesarios para unha España equilibrada porque “unha España hemipléxica –aseverou- tería consecuencias irreparables a longo prazo”. Deste xeito, e durante a súa participación, xunto cos presidentes do Principado de Asturias e de Castela e León, nun almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum, propuxo que se garanta na planificación do Corredor Atlántico o baipás de Monforte, a conexión ferroviaria do Porto Punta Langosteira e, sobre todo, a saída sur de Vigo que, na súa opinión, debe proxectarse xa, aínda que non se poida incorporar ao trazado do corredor ata 2023.
O Festival Internacional de Teatro Universitario alcanza este ano a súa vixésimo quinta edición cunha nova programación que se desenvolverá entre o martes 19 e o venres 22 coa participación de compañías galegas, de Italia e Lituania. Organizado pola Aula de Teatro da USC, o festival conta un ano máis co respaldo da Deputación da Coruña. O Festival subirá o pano o martes 19 da man da Compañía da Aula de Teatro da USC coa representación de ‘A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour’, cunha duración de 47 minutos. A obra propón unha reflexión sobre o medo e como este pode condicionar a vida das persoas.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) inicia este luns, 18 de febreiro, a formación das 180 persoas que se matricularon nestes días no curso de teleformación preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar no mes de maio. O curso de preparación de 190 horas de duración impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento. Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática».
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)- Filmoteca de Galicia inicia o vindeiro martes 19 o ciclo Tan poderoso coma o amor, titulado como o libro que o escritor coruñés César Antonio Molina acaba de publicar no selo Destino. Este volume afonda no sentimento amoroso a través dunha escolma de cen clásicos do cinema mundial que van desde Camille (1921), de Ray C. Smallwood, ata La correspondencia (2016), de Giuseppe Tornatore, e que lle serven ao seu autor para reflexionar sobre o amor en clave filosófica, analizando como a sétima arte tratou o tema practicamente desde o seu nacemento. Con tal motivo, o escritor e os programadores da filmoteca galega seleccionaron os 11 títulos deste programa entre as películas do devandito volume.
Organízanse un inverno máis un total de nove rutas guiadas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. Baixo o lema Descubrindo o Parque Nacional, este programa de visitas, de carácter gratuíto e dirixidas por guías profesionais do parque, pretenden dar a coñecer o patrimonio natural e ambiental do arquipélago fóra da tempada estival. Así, desde hoxe mesmo os interesados poden solicitar a reserva de praza a través da web reservasparquesnacionales ou facelo de forma presencial nas oficinas do parque nacional en Vigo (rúa Oliva, nº 3) ou no centro de visitantes (rúa Palma, nº 4).
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (183)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES