Archivo (8 del 2023)

Buscador

Noticias

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonómico vai aplicar as vantaxes da intelixencia artificial á Administración educativa dixital para mellorar a toma de decisións de cara ao éxito escolar, crear un expediente académico único e habilitar un portelo único de comunicación da comunidade educativa. "Será a través do proxecto EdugalIA, un programa pioneiro e moi innovador xa que non se ten feito en ningunha outra comunidade autónoma", explicou.
O Consello da Xunta ven de autorizar un convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Cáritas Federadas en Galicia para o desenvolvemento dun proxecto piloto de arraigamento para a formación de persoas inmigrantes en situación irregular en sectores nos que precisan man de obra, facilitando que atopen neles un posto de traballo. É unha iniciativa pioneira que persegue que estas persoas poidan obter unha autorización de residencia e de traballo que facilite a súa integración sociolaboral e a regularización da súa situación, contribuindo a facer fronte á escaseza de persoal en sectores con problemas para atopar man de obra.
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou na presentación do libro "A salga no fin do camiño. As fábricas de Fisterra", no que Santiago Llovo cataloga os vestixios das plantas de salgadura co obxectivo de preservalos e poñelos en valor. O representante da Consellería do Mar enxalzou o labor deste historiador-escritor para afondar nas orixes da actividade industrial marítimo-pesqueira do noso litoral, actividade iniciada cos cataláns que impulsaron a salga da sardiña como precursores do que agora é a industria de transformación de produtos do mar da comunidade.
O XIII Encontro de Artistas Novos está impulsado pola Fundación Cidade da Cultura e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell. Trátase dunha das citas máis consolidadas da programación da Cidade da Cultura, da que forma parte desde 2011. Ata o momento teñen pasado por este encontro destinado a apoiar a novos talentos da creación contemporánea máis de 700 artistas. A apertura do EAN13 contou coa participación do director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, do director Territorial Noroeste de Banco Sabadell, Adolfo García-Ciaño; do director do EAN, Rafael Doctor, e da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.
A Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza impulsan a XVIII edición dos Premios Mans Futuro, que recoñecen a excelencia do alumnado dos conservatorios superiores de música de Galicia e promoven a súa proxección. Este ano a convocatoria recupera as probas presenciais. Poderá concorrer a estes premios, financiados pola Fundación Paideia Galiza, o alumnado dos conservatorios superiores de música dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, situados na Coruña e Vigo. Deberán ter sobresaliente ou matrícula de honra no traballo fin de estudos na especialidade de interpretación.
A Xunta puxo a disposición da industria forestal unha ferramenta gratuíta que permite etiquetar a trazabilidade dos produtos mediante o uso da tecnoloxía Blockchain. FORTRA é unha plataforma desenvolvida pola AMTEGA e a Axencia Galega da Industria Forestal en colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural. A tecnoloxía blockchain asegura que os datos non poden ser manipulados ou eliminados unha vez son introducidos e asinados en cada elo da cadea, o que ofrece unha garantía de autenticidade e transparencia. Isto permite que os produtos leven unha etiqueta que ofrece toda a información sobre a orixe a e transformación da madeira.
Galicia acollerá a primeira reunión conxunta do equipo de traballo interrexional do proxecto GIFT (Green Infrastructure for Forest and Trees), que se constituíu o pasado mes de xuño e cuxa misión é establecer ao longo dos vindeiros catro anos medidas e políticas sectoriais efectivas na xestión da infraestrutura verde e da paisaxe. Os días 29 e 30 de agosto celebrarase en Santiago a primeira revisión entre pares desta iniciativa co fin de analizar e mellorar da man dos socios implicados os instrumentos políticos directamente relacionados coa infraestrutura verde, entendida como unha rede de elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da biodiversidade e beneficien á contorna.
Presentouse a cuarta edición do Nachiños Fest, que terá lugar os días 8 e 9 de setembro no campo das Cabazas, en Covas, e que conta este ano con figuras internacionais como a banda londiniense Crystal Fighter que ofrecerá na cidade o seu único concerto en Galicia. Xunto a eles haberá outras caras coñecidas do panorama nacional como Alizzz, Cupido, Anabel Lee, Besmaya, Julia Nar ou Alison Darwin que compartirán escenario coas formacións galegas The Rapants, Galician Army e Berto. O Nachiños Fest aporta unha oferta musical diferente á temporada estival en Ferrolterra, a música indie, que conxuga con elementos tan identificadores da comarca como son o surf e a natureza.
A Consellería do Mar destina este ano 7,5 millóns de euros a achegas para as empresas de comercialización ao por maior e de transformación dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura para compensar o impacto dos incrementos de prezos pola guerra en Ucraína de distintas materias primas que son fundamentais para o desenvolvemento da súa actividade. Así o recolle a orde pola que se aproban as bases reguladoras destas axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que sae publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A Xunta de Galicia, a través do seu Comité Permanente de Coordinación, no marco das actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, declara hoxe o nivel de alerta 1 (amarelo) nas zonas do interior denominadas Sur de Lugo e Montaña de Ourense, e o nivel 2 (laranxa) na zona de Valdeorras. Xa mañá as previsións son que as temperaturas tanto mínimas como máximas aumentarán en toda a Comunidade Autónoma, polo que toda ela estará en nivel de alerta 1 (amarelo), aumentando a nivel de alerta 2 (laranxa) certas zonas do interior de Galicia (Sur de Lugo e Miño de Ourense), e da costa de A Coruña (Suroeste de A Coruña) e Pontevedra (Rías Baixas e Miño de Pontevedra) sendo na zona de Valdeorras o nivel de alerta máxima (nivel 3, vermella).
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES