Noticias

O programa Fábrica Intelixente ponse en marcha para impulsar a transformación do tecido produtivo galego

Para apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i que permitan avanzar cara un novo modelo industrial de futuro para Galicia lanzouse esta convocatoria, dotada con 12,7 millóns de euros e coa que se espera mobilizar preto de 31,3 millóns de euros. As principais novidades perseguen fomentar a participación das pemes: redución do orzamento mínimo dos proxectos de 4 a 2 millóns de euros; aumento do prazo de execución dos proxectos de 3 a 4 anualidades; e establecemento de dúas datas de corte ao longo do ano para adaptarse mellor aos tempos das empresas; entre outras. Mantéñense dúas características dos proxectos: que deben ser estratéxicos para Galicia e deben facer un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras.

A Axencia Galega de Innovación (Gain) acolleu esta mañá unha xornada de presentación da terceira edición da convocatoria do programa de Fábrica Intelixente, que ten aberto o primeiro prazo de solicitude ata o vindeiro 8 de marzo. No taller expúxose a experiencia da empresa Cupa Innovación, beneficiaria desta orde na convocatoria do ano 2018, e presentáronse as principais características da liña de axudas.

No peche, a directora de Gain, Patricia Argerey, apuntou que Galicia conta con grandes capacidades en sectores tractores da economía como a automoción e o téxtil, e que se están creando novos sectores como o aeroespacial e potenciando sectores altamente tecnolóxicos como a biotecnoloxía. Subliñou tamén que se fai preciso poñer en marcha medidas que fomenten a transformación do tecido produtivo cara modelos de negocio baseados na innovación e na tecnoloxía para ser competitivos nun mercado cada vez máis globalizado. Neste senso, Patricia Argerey subliñou que as tecnoloxías facilitadoras esenciais e a Fábrica do Futuro son clave.

Para apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i que permitan avanzar cara un novo modelo industrial de futuro para Galicia lanzouse esta convocatoria que, nesta edición, está dotada con 12,7 millóns de euros e coa que se espera mobilizar preto de 31,3 millóns de euros. As principais novidades de 2019 perseguen fomentar a participación das pemes: redución do orzamento mínimo dos proxectos de 4 a 2 millóns de euros; aumento do prazo de execución dos proxectos de 3 a 4 anualidades; e establecemento de dúas datas de corte ao longo do ano para adaptarse mellor aos tempos das empresas; entre outras.

Mantéñense dúas características fundamentais dos proxectos: que deben ser estratéxicos para Galicia, producindo un efecto tractor nos ámbitos máis destacados da economía galega; e facer un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras para obter procesos e produtos de alto valor engadido.

Argerey destacou que este programa se inscribe na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) que ten como un dos retos prioritarios aumentar a intensidade tecnolóxica da industria galega para avanzar cara un novo modelo industrial baseado na innovación e na Axenda Industria 4.0.

Detalles da convocatoria

Os destinatarios destas axudas son empresas de calquera tamaño capaces de liderar proxectos de I+D+i de carácter estratéxico e organismos de investigación en colaboración con empresas, ambos con centro de traballo permanente en Galicia. O tipo de proxectos financiables son proxectos de I+D individuais ou en colaboración entre varias empresas que pertenzan ao mesmo grupo e organismos de investigación e proxectos de innovación en materia de procesos ou organización, individuais ou en cooperación entre empresas como máximo de dous grupos empresariais sendo unha delas unha peme. A intensidade das axudas poderá chegar ata o 80%, dependendo do tipo de proxecto e de empresa.

Outros requisitos esixibles para acceder á convocatoria son: ter un orzamento mínimo de 2 e máximo de 10 millóns de euros; unha duración mínima de 3 anualidades e máxima ata o 30 de xuño de 2022; ser estratéxicos e ter un efecto incentivador; e facer un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras esenciais. Establécense dous prazos de presentación de solicitudes: ata o 8 de marzo e ata o 31 de xullo de 2019.

Balance das edicións anteriores do programa

Na primeira edición desta convocatoria apoiáronse dous proxectos industriais innovadores, liderados por PSA e Televés respectivamente, mentres que na segunda convocatoria, apoiáronse tres proxectos liderados por Finsa, Cupa e Copo. En total, entre as tres convocatorias, mobilizaranse máis de 213 millóns de euros en proxectos innovadores.

Este programa complementa outros apoios postos en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de mobilizar investimento privado e dar resposta aos retos de futuro a través de alianzas estratéxicas con empresas líderes como as Unidades Mixtas de Investigación ou a Civil UAVs Initiative.

R., 2019-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) A programación conta con 18 formacións musicais, das que 15 son galegas, o que reflicte un impulso á creación musical da comunidade e á consolidación dun tecido profesional estable no ámbito da música ao vivo. A carteleira, que xa se vén desenvolvento desde o pasado mes de abril, inclúe en vindeiras datas as actuacións de Pablo Leira, Caamaño & Ameixeiras, Calequi y Las Panteras, High Paw, Saibran, Anxo Araújo, Grande Amore, Pava, Bala, Toundra, De Ninghures, Abril, Zeltia Irevire, e Su Garrido Pombo, nun calendario de concertos que se prolongará ata finais de febreiro do ano que vén. No caso da Guión Clube, están previstas dúas citas dentro deste ciclo: Ulex, o 20 de xuño, e Bala, o 24 de outubro.
Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) Galicia e Norte de Portugal reforzan a Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza en materia de I+G+i co proxecto MAISRIS3T, dotado con case 1 M€ ata 2028 e que foi hoxe abordado en Vigo na xornada do Observatorio da I+D+i da Eurorrexión no que participou a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo. Alí, a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que ambos territorios foron pioneiros na posta en marcha da primeira estratexia de especialización transfronteiriza en Europa para o período 2014-2020, que foi recoñecida como caso de boas prácticas pola Comisión Europea.

Notas

O Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTERRA) presentouse de xeito oficial nun acto institucional que tivo lugar na Facultade de Veterinaria da USC. O iTERRA aspira a consolidarse como un referente nacional e internacional en investigación en saúde global e sustentabilidade, recoñecido pola súa capacidade para integrar ciencia, innovación e coñecemento local na procura de solucións ante os grandes retos do século.
Vigo aclle a XX edición do Congreso Nacional de Acuicultura, unha cita que reúne a preto de 400 investigadores, representantes de empresas, administracións públicas e entidades vinculadas á acuicultura de todo o país. Baixo o lema Regreso a los orígenes, o encontro volve a Galicia para recoñecer o papel que a comunidade desempeñou no desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo da acuicultura española.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES