Buscador
Noticias
O Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que este ano chega a súa décima edición, vense celebrando na vila ribadense coa participación dos mellores músicos galegos, nacionais e internacionais da música negra en xeral, tanto de jazz como de blues, soul, funky ou góspel. Polo seu escenario desfilaron figuras da talla de Hiromi, Nicholas Payton, Ray Gelato, Eric Sardinas, Andrea Motis, Marlango, Jorge Pardo, Zenet, Sumrrá, Abe Rábade, etc.
A piques de rematar os traballos do I Plan Cuadrienal de Memoria Democrática (2021-2024), o equipo do grupo Histagra da USC atopou importantes achados preliminares na actuación de exhumación no cemiterio de O Val (Narón), que contemplaba a realización dunha gabia na parte dianteira dos nichos.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, da Universidade de Vigo está traballando para conseguir empregar as propiedades da física cuántica e lograr aumentar a seguridade das comunicacións. Neste contexto, acaban de conseguir un importante fito: a primeira canle de distribución cuántica de claves de toda Galicia.
O edificio Redeiras da UVigo acollerá a vindeira semana un congreso internacional no que se abordarán os retos actuais do dereito de familia ante unha sociedade máis inclusiva. O evento, organizado por docentes da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, reunirá especialistas galegos e portugueses neste eido para analizar diferentes respostas ante unha nova realidade social.
Os VI Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga xa teñen gañadores. Nesta edición, son once os traballos realizados por persoal docente e investigador e alumnado da Universidade de Vigo galardoados. Neles abórdase, en diferentes formatos, temas de alimentación funcional, agricultura e medio ambiente e xestión de recursos hídricos.
Como a intelixencia artificial está a transformar o mundo da arte e a creatividade. Este foi o obxecto da charla impartida pola directora de Artworld Law, Marta Suárez-Mansilla, este mércores nunha conferencia dentro do ciclo 'HumanIA: O desafío para as Humanidades en tempos da Intelixencia Artificial', organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDC.
'Vigo é moito máis que o centro urbano castelanizado, Vigo é tamén Rorís, A Falcoa, O Freixo, Moledo, Mide, Baruxáns, O Carballal, Redomeira ou Marcosende, o Vigo de sempre onde o galego é aínda a lingua habitual'. Así de categórico se amosou o director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, Xosé-Henrique Costas, na presentación do seu último libro 'A fala de Vigo.Trazos diferenciais da nosa variedade dialectal', unha obra na que se defende que na cidade máis castelanizada de Galicia é posible escoitar o galego pola rúa.
A Shanghai Ranking Consultancy, responsable do ránking ARWU, fixo público o seu Global Ranking of Academic Subjects 2024, a clasificación das mellores universidades do mundo en 55 materias de investigación. Nel, a UVigo sitúase como primeira universidade española en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e en Oceanografía, empatada neste último caso coa Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
A Rede de Centros Singulares de Investigación da USC abrirá, un ano máis, as súas portas á cidadanía o sábado 23 de novembro, co gallo da oitava edición de Ciencia Singular. A cita conta con algunhas novidades nesta ocasión; entre elas, a incorporación do Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais, que se sumou este ano a CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE como membro da rede CIGUS, que acredita a calidade e impacto da investigación destes centros.
A USC ocupa o chanzo 51-75 do Ránking de Shanghai por materias en Ciencias Veterinarias (posición 4-5 entre as universidades de toda España) e o 76-100 en Farmacia e Ciencias Farmacéuticas (posto número 2 a nivel estatal). A terceira mellor posición nesta clasificación internacional de universidades segundo eidos temáticos é para Odontoloxía e Ciencias Orais, ámbito que ocupa o intervalo 151-200 a nivel mundial e o posto 4-5 entre as universidades españolas.