
Estes galardóns están convocados pola VicerreitorÃa do Campus de Ourense e financiados a través do convenio de colaboración que ten asinado a Universidade de Vigo coa ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para financiar o Campus Auga e do convenio que ten coa empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia SAU. Dotados cun orzamento total de case 9000 euros, os premios teñen como obxectivo recoñecer e estimular os esforzos das e dos investigadores que contribúan a desenvolver a especialización do campus de Ourense, o chamado Campus Auga. Contan con diferentes modalidades, abranguendo traballos fin de estudos, teses, contribucións cientÃficas, transferencia e divulgación. En cada modalidade outórgase un premio por cada unha das liñas de traballo do Campus Auga, que son alimentación funcional; agricultura e medio ambiente e xestión da auga.
Traballos fin de estudos e teses
No caso de traballos fin de grao e mestrado nesta edición son catro as propostas premiadas. Hai galardoado un traballo fin de mestrado centrado na avaliación do efecto do funxicida tetraconazol sobre o lévedo Saccharomyces cerevisiae EC1118™ mediante unha aproximación metabolómica, realizado por Laura Gallego e titorizado por Raúl Iglesias e Elena MartÃnez. Tamén está premiado un traballo fin de grao sobre a sÃntese, caracterización e aplicación de biochar e hydrochar como catalizadores na produción de hidróxeno, realizado por MarÃa Bolaños e titorizado por Aida MarÃa DÃez e Marta MarÃa Pazos, e outro sobre as proxeccións futuras de caudais extremos nas principais cidades da conca do Miño-Sil, feito por Sabrina Hernández e titorizado por Diego Fernández e MarÃa Teresa de Castro. Por último, outórgase un accésit ao TFG Claro coma a auga: unha nova vida para os residuos agroindustriais destinada á descontaminación de fármacos en augas residuais mediante adsorción e posterior degradación dos contaminantes, de Verónica LaÃño e titorizado por AÃda MarÃa DÃez e Marta MarÃa Pazos.
Polo que respecta á modalidade de teses de doutoramento concédense dous galardóns: un a Impacto das tetraciclinas sobre as comunidades microbianas de solos agrÃcolas, de Vanesa Santas e dirixida por Manuel Arias e David Fernández Calviño, e outro a Modelos territoriais de aproveitamento dos recursos termais en Europa, tese de José Ãngel Vázquez Barquero e dirixida por Santiago Lago e Pedro Araújo.
Contribucións cientÃficas e transferencia
Os VI Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación CientÃfica do Campus Auga tamén distinguen as mellores contribucións cientÃficas, concretamente a varios artigos publicados en revistas destacadas. Trátase de Metal and metalloid profile as a fingerprint for traceability of wines under any Galician protected designation of origin, de Cecilia Araceli MartÃnez, Gonzalo Astray, Juan Carlos Mejuto e Jesús Simal; e Projected changes in atmospheric moisture transport contributions associated with climate warming in the North Atlantic, de José Carlos Fernández, Albenis Pérez, Jorge Eiras, Raquel Nieto, Luis Gimeno e Stefan Rahimi-Esfarjani. Ademais, concédese un accésit a Use of Three Different Nanoparticles to Reduce Cd Availability in Soils: Effects on Germination and Early Growth of Sinapis alba L., de RocÃo González, Andrés RodrÃguez, David Fernández, Manuel Arias e Daniel Arenas.
Polo que respecta aos premios aos mellores resultados de transferencia dúas son as propostas distinguidas: os proxectos Bioprocesado de insectos para a obtención de novas proteÃnas de alto valor nutritivo, participado por José Manuel Salgado e José Manuel DomÃnguez, e VitiCast: solucións innovadoras para predición de enfermidades fúnxicas en vide, participado por MarÃa Fernández e Francisco Javier RodrÃguez. A modalidade de divulgación quedou deserta.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.