Notas de prensa

Un congreso reunirá especialistas galegos e portugueses en dereito de familia

O edificio Redeiras da UVigo acollerá a vindeira semana un congreso internacional no que se abordarán os retos actuais do dereito de familia ante unha sociedade máis inclusiva. O evento, organizado por docentes da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, reunirá especialistas galegos e portugueses neste eido para analizar diferentes respostas ante unha nova realidade social.

Así, ao longo de dúas xornadas, os días 21 e 22, trataranse temas como as medidas cautelares para a protección das mulleres e menores vítimas de violencia de xénero, os efectos das redes sociais nas e nos menores, os procesos xudiciais relacionados coas familias ou a discapacidade ou o dereito de sucesións.

O congreso arrancará o xoves 21 con acto institucional de apertura seguido dunha mesa redonda centrada nos retos do Dereito de Familia ante unha nova realidade social na que se exporán propostas de mellora en materia de presunción de paternidade. Nela intervirán Ana Rodríguez Ãlvarez e Almudena Valiño Ces, profesoras de Dereito Procesual da Universidade de Santiago de Compostela. O debate estará moderado por Ãngel Mariño de Andrés, docente da UVigo.

A segunda mesa da xornada será sobre vulnerabilidade e menores. Rossana Martingo Cruz, profesora da Universidade do Minho porá o foco nas redes sociais, mentres que Maria De Lurdes Varregoso Silva Da Costa Mesquita, da Universidade Portucalense, falará sobre a orde procesual portuguesa. Para completar esta mesa intervirá Isabel Espín Alba, catedrática de Dereito Civil na USC, que se centrará na protección das persoas menores de idade nas contornas dixitais, prestando especial atención ao shareting, é dicir, o uso das redes sociais por parte dos proxenitores para compartir fotos o vídeos dos fillos e fillas. Presenta e modera este debate Blanca Otero Otero, docente da UVigo.

Xa pola tarde arrancará outra mesa redonda sobre a protección de menores en España e Portugal. Cristina Días, da Universidade do Minho, centrarase na figura do apadriñamento civil, mentres que Guillermo Iruegas Prada, abogado, abordará o acollemento de dereito e adopción de feito e Inmaculada García Presas, da Universidade de A Coruña, afondará na situación de desamparo dos menores de idade e nas figuras de acollemento e adopción. Presenta a mesa Esther Pillado González, catedrática de Dereito Procesual da UVigo e organizadora do congreso.

Esta primeira xornada pecharase coa presentación de comunicacións, nunha sesión moderada por Pablo Grande Seara, profesor da UVigo.

Segunda xornada

A xornada do venres arrancará cunha mesa redonda sobre procesos xudiciais, familia e discapacidade. Nela, Blanca Otero Otero, docente da UVigo, falará sobre a audiencia ao menor nos procesos de familia, mentres que Dolores Fernández Fustes, tamén da UVigo, porá o foco sobre as especialidades do proceso para a adopción de medidas de apoio ás persoas con discapacidade. Esta mesa será moderada por Tomás Farto Piay, docente na UVigo.

Tras unha pausa, terá lugar unha segunda mesa sobre os retos do dereito de sucesións. Ernesto Regueira Núñez, notario de Vigo, afondará no derrogado art. 776 CC, mentres que Lydia Noriega Rodríguez, profesora da UVigo, explicará os pactos sucesorios nos dereitos civís, con especial referencia ao dereito civil de Galicia. O encargado de moderar o debate será o profesor da UVigo Pablo Grande Seara. O congreso baixará o pano coa intervención de Julio César Picatoste Bobillo, maxistrado xubilado e membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, que impartirá un relatorio sobre algunhas cuestións do interrogatorio de partes e testemuñas nos procesos matrimoniais. Será presentado pola catedrática Esther Pillado González.

Universidade de Vigo (UVigo), 2024-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

Logo dos traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta campaña de escavacións na parroquia de Santa María Madalena de Adai (Lugo), na propiedade da Asociación da Comunidade de Montes M.V.M.C. Vecinos de Adai, profunda agora en dous abrigos, un deles, coñecido como Pena Travesa, cun petróglifo con deseños complexos de cazoletas na parte superior da rocha.
A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES