
No marco do proxecto Qursa (QUantum-based ReSistant Architectures and Techniques), empregando tecnoloxías de base como a distribución cuántica de claves (QKD, Quantum Key Distribution, en inglés) e a criptografía avanzada, lograron implementar un enlace de comunicacións QKD conectando dous puntos do campus da Universidade de Vigo: a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e o Centro de Datos da Biblioteca Central.
Garantir a seguridade nas comunicacións
A finalidade do proxecto Qursa é tratar de axudar a establecer unha base para a modernización e integración das tecnoloxías cuánticas nas redes de comunicación convencionais. Para facelo, empregamos os sistemas QKD que envían sinais cuánticas a través dunha fibra e, mediante un protocolo de medida e comunicación, consegue distribuír de maneira completamente segura esas claves, que o emisor e receptor poden usar para cifrar as súas mensaxes e envialas sen que ninguén as poida descifrar, explican desde o equipo do proxecto.
Espérase que este primeiro gran logro sirva para fomentar o avance destas tecnoloxías por parte doutras institucións, e sitúe a atlanTTic e á UVigo como referentes neste ámbito.
Financiado polo Ministerio de Ciencia
O equipo de investigación de Qursa está formado polos investigadores principais e docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Ana Fernández Vilas e Manuel Fernández Veiga, e complétano a investigadora Rebeca P. Díaz Redondo e os investigadores contratados Mateo Blanco Rodríguez e David Pérez Castro. Durante todo o proceso contaron co apoio dos Servizos Informáticos da Biblioteca Central da UVigo, e especialmente de Miguel Polo.
O proxecto Qursa botou a andar en xaneiro de 2023 financiado polo Programa de Transición Ecolóxica e Dixital do Ministerio de Ciencia e Innovación (MICIN). Coordinado desde a Universidade de Vigo por atlanTTic, desenvólvese en colaboración co Instituto Leonardo Torres Quevedo do CSIC e a Universidade Carlos III de Madrid.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.