Notas de prensa

O estadounidense Cyrus Chestnut Trío abre o X Festival de jazz&blues de Ribadeo este sábado, 23 de novembro

O Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que este ano chega a súa décima edición, vense celebrando na vila ribadense coa participación dos mellores músicos galegos, nacionais e internacionais da música negra en xeral, tanto de jazz como de blues, soul, funky ou góspel. Polo seu escenario desfilaron figuras da talla de Hiromi, Nicholas Payton, Ray Gelato, Eric Sardinas, Andrea Motis, Marlango, Jorge Pardo, Zenet, Sumrrá, Abe Rábade, etc.

O estadounidense Cyrus Chestnut Trío abrirá a décima edición do Festival de Jazz&Blues de Ribadeo este sábado, día 23 de novembro ás 20:00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval. As entradas están á venda en ataquilla.com.

A promotora deste festival, Game Over Productions, explica que “Cyrus Chestnut é un pianista que creceu en Baltimore e ten tras de si unha historia fortemente ligada aos estilos de cada unha das estrelas coas que tivo o privilexio de compartir música. Desde Wynton Marsalis a Dizzy Gillespie, desde Betty Carter a Freddie Hubbard, desde Jon Hendricks a Kevin Mahogany. E, por encima de todo, está a súa paixón polo góspel e pola tradición do piano de jazz. Un músico que evita sempre a estandarización, fomenta unha inventiva repleta de alusións á vasta historia desta música e sabe asentar como poucos en pracenteiros termos de audibilidade, as explosións libres dunhas composicións en cuxa brillante resolución fai evidente que pertence a unha xeración de pianistas que parece non ter teito. Tamén apareceu na película Kansas City, de Robert Altman, na que interpreta a un pianista inspirado en Count Basie”.

A organización destaca que Cyrus Chestnut Trío “actuou o día 17 deste mes no Festival Internacional Jazz Madrid e as entradas para ese concerto tiñan un prezo de 32 euros”.

O Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que este ano chega a súa décima edición, vense celebrando na vila ribadense coa participación dos mellores músicos galegos, nacionais e internacionais da música negra en xeral, tanto de jazz como de blues, soul, funky ou góspel. Polo seu escenario desfilaron figuras da talla de Hiromi, Nicholas Payton, Ray Gelato, Eric Sardinas, Andrea Motis, Marlango, Jorge Pardo, Zenet, Sumrrá, Abe Rábade, etc. Nesta ocasión celebrarase entre o 23 de novembro e o 7 de decembro e terá como sede principal o auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo.

Faro Norte Comunicación, 2024-11-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES