Archivo (11 del 2022)

Buscador

Noticias

Dous de cada dez doentes de covid-19 desenvolven síntomas persistentes e incapacitantes tras a infección aguda. Esta patoloxía denomínase covid persistente e calcúlase que ata 27.000 pacientes padecen esta enfermidade en Galicia e máis de 800.000 en todo o territorio estatal.
Preto dun 20% dos e das adolescentes galegas presentan síntomas de depresión grave e moderada. Ademais, o 12,7% ten ideas suicidas recorrentes. Estas cifras multiplícanse por 3 ou 4 entre as persoas que padecen acoso escolar. Son datos extraídos do informe ‘Adolescencia, Tecnoloxía, Saúde e Convivencia’ elaborado por USC e Fundación Barrié, cunha mostra final, logo dun proceso de depuración, de 8.833 adolescentes.
A través dos talleres que o estudantado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo imparte nestes 15 colexios e dunha serie de encontros con investigadoras e investigadores, Te lo cuentan las matemáticas busca rachar coa percepción desta ciencia como algo desconectado da vida cotiá e cun modelo de aprendizaxe baseado na aplicación de regras de forma mecánica.
A Reitoría da Universidade da Coruña acolleu o lanzamento do Nodo de Intelixencia Artificial do hub de Innovación Dixital de Galicia, DIHGIGAL. Asistiron o reitor, Julio Abalde, o director de DIHGIGAL, Francisco Yáñez; o director de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo; o director da área TIC no Instituto Tecnolóxico de Galicia, Óscar González; e a directora da área de Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo.
Crear robots máis autónomos que resolvan situacións reais no sector agroalimentario, no entretemento educativo, no campo da produción industrial non estruturada e no comercio. Este é o obxectivo principal do proxecto PILLAR-Robots (Purposeful Intrinsically motivated Lifelong Learning Autonomous Robots), un consorcio internacional liderado desde o Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC.
Galicia alberga un total de 1.145 cooperativas e 656 sociedades laborais activas. Ademais, existen 117 Centros Especiais de Emprego, 13 Empresas de Inserción Laboral, 4 mutuas e mutualidades, 35 confrarías de pescadores, 1.072 sociedades agrarias de transformación e 3.013 comunidades de montes veciñais en man común. Todas elas, conforman a instantánea das entidades de mercado da Economía Social Galega, segundo o Informe da Economía Social en Galicia 2021, dirixido pola profesora da USC Maite Cancelo.
'Sabía que o tiñamos (I knew we had it)' é o título do relatorio que este mércores pronuncia na Nerd Nite o que fora director do CERN, Rolf Heuer, entre os anos 2009 a 2015, para conmemorar o décimo aniversario do descubrimento do bosón de Higgs. Ademais de Rolf Heuer, interveñen na Nerd Nite o profesor da USC e investigador do IGFAE, José Edelstein, e Pier Paolo Giardino, investigador distinguido do IGFAE.
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron esta mañá o convenio polo que a Xunta aporta o financiamento para a realización do proxecto do novo edificio do Campus de Ferrol, o Centro de Investigación en Industria Intelixente, Ci3.
O Centro Universitario de Riazor acollerá as xornadas 'A Coruña global no mundo do S.XXI', organizadas polo IGADI en colaboración co Concello da Coruña. Estas xornadas, que chegan á segunda edición, teñen como obxectivo explorar as posibilidades e potencialidades da Coruña como cidade intermedia global, no marco da acción exterior galega, española e europea, aliñada como unha cidade comprometida coa Axenda 2030.
Despois de que os paros provocados polo confinamento fixesen diminuír a súa facturación en 2020, a industria forestal e da madeira recuperou o pasado ano a senda de crecemento en Galicia, acadando as cifras de facturación globais máis elevadas desde 2006, o primeiro ano do que existen estes datos. Segundo o informe 'A cadea forestal-madeira de Galicia', segundo o informe da Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta (Xera).
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES