
Este proxecto conta cun orzamento total de preto de 5 millóns de euros, dos cales repercutirán no CITIC máis dun millón.
Intelixencia Artificial para o deseño de robots máis humanos
PILLAR-Robots busca desenvolver unha nova xeración de robots dotados dun maior nivel de autonomía. Estes robots, segundo explica o investigador principal do consorcio, Richard Duro, poderán determinar os seus propios obxectivos e establecer as súas propias estratexias, aproveitando creativamente a experiencia adquirida durante a súa vida para satisfacer os desexos dos seus deseñadores (usuarios humanos en aplicacións da vida real). Con este fin, o proxecto porá en práctica o concepto de propósito, extraído das ciencias cognitivas, para aumentar a autonomía e a independencia do dominio dos robots durante a aprendizaxe.
Os propósitos guiarán a adquisición de coñecementos e habilidades que son realmente relevantes para operar en situacións reais. En particular, o proxecto desenvolverá, por unha banda, algoritmos para a adquisición de propósitos, co obxecto de sesgar os sistemas de percepción, motivacionais e de decisión da arquitectura cognitiva desenvolvida para os robots cara a eses propósitos. Pola outra, busca establecer estratexias para a aprendizaxe autónoma de representacións, habilidades e modelos que permitirán as decisións que eventualmente leven a alcanzar propósito. Isto inclúe decisións sobre o que hai que aprender e en que secuencia.
Así, PILLAR-Robots, asegura o investigador do CITIC, porá en práctica e validará demostradores da chamada aprendizaxe aberta (en situacións non previstas durante o deseño dos robots) utilizando a arquitectura cognitiva intrinsecamente motivada que se desenvolverá durante o proxecto e todas as estratexias adicionais relacionadas co propósito. Estas implementacións realizaranse en tres campos de aplicación diferentes, caracterizados por distintos tipos e niveis de variabilidade e incerteza: o agroalimentario, o do entretemento educativo e no campo da produción industrial non estruturada e o do comercio.
Investigación de vangarda en Europa
Para a realización deste traballo creouse un consorcio liderado polo Grupo Integrado de Ingeniería (GII), que dirixe Richard Duro, como parte dun equipo do CITIC da UDC e no que colaboran equipos de gran prestixio do CNR (Consiglio Nazionale delle Ricerche) italiano, a Universidade de La Sorbona de París, o centro de investigación Athina de Atenas, AI2Life SRL, empresa especializada en aplicacións de Intelixencia Artificial italiana e PAL Robotics, un dos grandes fabricantes de robots de servizo de Europa, situado en España.
Sobre o CITIC
O CITIC é un centro de investigación que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC, creado en 2008 pola Universidade da Coruña. A actividade científica do centro estrutúrase en catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial; Ciencia e Enxeñaría de Datos; Computación de Altas Prestacións; e Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal a todas elas: a de Ciberseguridade.
Na actualidade, o CITIC está acreditado como Centro de Investigación de Galicia. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, co obxectivo temático de promover o desenvolvemento tecnolóxico a innovación e unha investigación de calidade.
Un dos obxectivos do CITIC pasa por poñer ao alcance da sociedade os resultados das súas investigacións, polo que o centro promove accións de ciencia cidadá e actividades divulgativas que potencien as vocacións científicas e garantan a renovación do talento no ámbito das TIC.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.