Archivo (10 del 2022)

Buscador

Noticias

O Instituto universitario de física e ciencias aeroespaciais da UVigo segue a dar pasos cara a súa creación. Despois que, a principios destes mes, o Claustro dese luz verde a súa posta en marcha, hoxe foi o Consello de Goberno o que aprobou por asentimento a súa creación, que será remitida á Xunta de Galicia, na procura do visto e prace do Consello Galego de Universidades.
O II Encontro Galego de Ciberseguridade reunirá os días 9 e 10 de novembro entidades de referencia no campo da seguridade da información, especialistas na materia, xunto con divulgadores e profesionais. O programa o día 9 pola mañá contará con actividades dirixidas á administración pública, e pola tarde estará centrado no tecido empresarial.
A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, organiza xunto ao Centro de História da Sociedade e Cultura e o Centro Interuniversitario de Estudos Camonianos, os dous pertencentes á Universidade de Coimbra, a I Xornada Internacional de Estudos Xacobeos que botou a andar este xoves 27 e esténdese ata o venres 28.
Cumieira das Letras. Así bautizou o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo o seu novo proxecto, unha revista de periodicidade anual coa que buscan dar a coñecer traballos científicos en galego sobre a lingua, literatura e cultura galegas. 'Cumieira das Letras Galegas, non leva este apelido no seu nome oficial, pero podería levalo porque ese é o motivo da súa propia existencia, as letras galegas', tal e como explica o seu director, o profesor Alexandre Rodríguez Guerra.
Business Factory Food, a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia, abre o prazo de presentación de proxectos que integrarán a súa quinta edición. Das propostas presentadas a esta convocatoria seleccionaranse 16 proxectos innovadores de emprendemento, tanto da contorna estatal como internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria galega.
O pobo galego sempre se sentiu parte do universo que o escritor portugués José Saramago foi tecendo ao longo das súas obras e hoxe, cando está a piques de celebrarse o centenario do seu nacemento, a Universidade de Vigo inaugurou un encontro internacional que durante catro días converterá esta cidade en centro neurálxico de estudo e debate sobre a herdanza filosófica e sociopolítica do premio Nobel.
A República Popular China é un dos países máis antigos e máis poboado do mundo, con máis de 1400 millóns de habitantes. Tamén é a primeira potencia económica mundial por PIB. Todas estas características fan del un foco de especial interese desde calquera punto de vista que se poida prantexar, desde o cultural ao empresarial.
O Terra Creative Jam, un evento creativo e de innovación para a xeración de ideas impulsado pola USC e a incubadora Lug Open Factory, deu lugar a un laboratorio de ideas no marco do que 65 rapaces e rapazas chegados de toda Galicia participaron en diferentes obradoiros, ao tempo que resolveron desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos e propuxeron iniciativas orientadas a revitalizar o medio rural.
A Facultade de Dereito UVigo acolleu o Encontro Dereito e Literatura, evento anual organizado polo grupo de innovación educativa Innova Dereito e o grupo de investigación AGAF, que lidera o catedrático de Filosofía do Dereito da UVigo Pablo Raúl Bonorino. Nel, especialistas do eido xurídico abordaron os nexos entre dereito e a literatura e como a creación escrita pode enriquecer a práctica e a docencia xurídica.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2021, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia. Os nomes de mulleres máis comúns son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Martina’, ‘Lara’ e ‘Valeria’, que continúan nas primeiras cinco posicións se se compara co 2020.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES