
Este foro nace co obxectivo de presentar as últimas investigacións de universidades portuguesas e españolas sobre a peregrinación xacobea polos camiños de peregrinación de Portugal, hoxe considerados entre os máis importantes a nivel internacional. Entre os relatores cóntase coa presenza do profesor Paolo Caucci, presidente honorario do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago; e Manuel Ferro, membro do Centro Interuniversitario de Estudos Camonianos da Universidade de Coimbra, experto en literatura italiana xacobea; e Filipa Araújo, pertencente ao mesmo centro e experta en literatura barroca xacobea.
As sesións teñen lugar no Auditorio do Colégio de Santo António da Pedreira, na Casa da Infancia Doutor Elysio de Moura, en Coimbra.
VÃctor Ruppen (A Coruña, 1940-2018) é unha figura clave para entender unha etapa decisiva na procura dun cinema galego con continuidade, ambición profesional e vontade de diálogo co público. Arquitecto técnico de formación, produciu en total sete pelÃculas e foi socio das cadeas de exhibición Valle-Inclán, en Santiago de Compostela, Alphaville, en Madrid, e das distribuidoras Musidora e Videogram. Tras apoiar proxectos en súper 8, VÃctor Ruppen impulsou a partir de 1975 o salto cara a formatos profesionais, con traballos en 16 mm e 35 mm que lles facilitaron aos cineastas da época novas condicións de produción e circulación.
Rábade acolle o próximo sábado, 30 de maio, a cuarta edición do Festival Entrepontes, promovido pola Asociación Cultural Fillos do Chaira. Mirando Flores serán os o encargados de abrir a xornada cun concerto no campo da feira ás 13,30 horas. Pola noite actuarán Ulex (20,00 h.), Monouilous DOP (21,20 h.), Amor LÃquido (22,55 h.), Parquesvr (00,15 h.), e Pladür (1,50 h.). Haberá tamén un mercado de artesanÃa e a tarde estará adicada ao Festivaliño, dirixido aos máis pequenos, que poderán desfrutar dunha sesión de cine, un espectáculo de ventriloquia e unha festa Holi. O horario previsto é de 16,00 a 19,00 horas.