O reitor, Manuel Reigosa, que inciou a sesión de hoxe manifestando o seu pesar polo pasamento do profesor e investigador Antonio Rifón Sánchez, lembrou que a posta en marcha deste tipo de agrupamentos responde a unha polÃtica nova que a este instituto, “que foi a primeira proposta que recibimos, seguiranlle outros”.
A creación do Instituto de fÃsica e ciencias aeroespaciais foi un dos acordos adoptados hoxe polo Consello de Goberno, que na súa reunión ordinaria tamén aprobou a constitución dunha comisións académica na Facultade de Relacións internacionais, xunto co nomeamento dun ou dunha vicedecana comisaria; asà como o novo e unificado calendario das tres universidades do SUG e o procedemento para a aprobación de verificación e modificacións de titulacións de grao, máster e doutoramento para o vindeiro curso e a modificación da normativa de contratación do persoal investigador da UVigo, co obxectivo de fixar data para as convocatorias (dúas veces ao mes) e publicación de listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluÃdas nun prazo máximo de 7 dÃas hábiles, asà como de clarexar as categorÃas conforme aos niveis MECES e estudar as prórrogas de contratos.
Creación do Instituto universitario de fÃsica e ciencias aeroespaciais
“O instituto tivo avaliacións moi favorables e créase cando a ciencia do espazo está nun momento moi relevante e en auxe, no que as principais tendencias en innovación espacial e as posibilidades de colaboración público-privada téñense incrementando moito en España e consideramos que pode converter á UVigo nun lÃder neste sector, xunto coa titulación de EnxeñarÃa aeroespacial no campus de Ourense”, explica Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, en relación coa aprobación este luns, por parte do Consello de Goberno, da creación por asentimento do Instituto de FÃsica e ciencias aeroespacial.
A nova agrupación márcase como eixos prioritarios: fomentar unha investigación excelente e recoñecida no seu ámbito; facer unha transferencia de coñecemento á sociedade relevante; captar talento reforzado e divulgar e comunicar, ademais de ter unha gobernanza, organización e xestión axeitada. Cinco son as liñas de investigación contempladas na axenda cientÃfica do Instituto: fluÃdo-dinámica; sistemas ópticos; UAVs; modelización e simulación e fÃsica do espazo. Promovido por preto dunha vintena de investigadoras e investigadores cun volume de publicacións e proxectos cientÃficos importantes, máis de 50 sexenios, máis de 40 teses de doutoramento, máis de 10 millóns de euros captados en proxectos nos últimos anos e máis de 1000 artigos e dúas EBts, o instituto localizarase onde está a Escola de EnxeñarÃa aeronáutica co obxectivo de ser o “núcleo impulsor do ecosistema galego aeronáutico e aeroespacial asà como das súas sinerxÃas coa investigación emerxente baseada na fÃsica”, sinala Rubio.
Modificación da normativa de contratación do persoal investigador
Outra cuestión relacionada co ámbito da investigación ao que o Consello deu hoxe luz verde é modificación da normativa de contratación de persoal investigador. “O primeiro motivo da modificación vén derivado da publicación da Ley 17/2022, de 5 de septiembre, pola que se modifica la Ley 14/2011, de 1 de junio, de la Ciencia, la TecnologÃa y la Innovación. Isto obrÃganos a axustarnos á lei nas modalidades de contrato, duración dos mesmos, horas de docencia posibles, entre outros”, detalla Rubio. O segundo dos motivos do cambio é que, unha vez iniciada a UCPI (Unidade de Contratación de persoal investigador) con oito convocatorias publicadas “pretendemos que o persoal investigador poida ter máis claro o tempo que pode tardar desde que solicita a convocatoria dunha praza no formulario, ata que se resolve, e polo tanto acordamos que deberÃan facerse dúas convocatorias ao mes, procurando que os prazos sexan máis ou menos fixos, e tamén fixar os prazos máximos para as listas provisionais e definitivas de admitidos/excluÃdos”.
A modificación tamén se aproveitou para aclarar as categorÃas profesionais conforme aos niveis MECES (Marco español de cualificacións para a educación superior) e, por último, contemplar a posibilidade de prórrogas dos contratos. “De todos os xeitos é aÃnda unha normativa aberta a posibles modificacións que seguiremos intentando mellorar para cumprir cada vez máis os criterios OTM-R (Open, Transparent and Merit-based Recruitment) conforme o selo europeo HRS4R”, sinala a vicerreitora.
Avances no funcionamento dos novos centros e titulacións da UVigo
As e os integrantes do Consello aprobaron este luns a constitución dunha comisión académica na Facultade de Relacións Internacionais, xunto co nomeamento dun ou dunha vicedecana comisaria. A comisión académica, que se encarga da xestión ordinaria do funcionamento do tÃtulo, é elixida pola xunta do centro, “e neste caso particular, a COAP aprobou a creación da xunta de centro cos membros que actualmente a poden constituÃr e que logo sexa esta xunta a que considere, ou non, a creación de dita comisión”, explica Alfonso Lago, vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións. En canto ao nomeamento dun ou dunha vicedecana comisaria, logo de ser aprobado, primeiro pola COAP e hoxe polo órgano de goberno, será o reitor o encargado da designación da persoa que ocupe este cargo, a proposta da decana comisaria do centro, Laura Carballo Piñeiro. Precisamente en relación co Grao de Relacións internacionais, asà como co Grao en Deseño, o Máster en Deseño e dirección creativa, o Grao en Dirección e xestión pública e o Máster en Dirección pública e liderado institucional, o Consello aprobou na sesión ordinaria de hoxe a modificación destes tÃtulos adscritos aos novos centros creados na UVigo. E é que “unha vez aprobada a creación das facultades de Relacións Internacionais, Deseño e Dirección e xestión pública era necesario modificar as memorias dos tÃtulos adscritos a estes centros para cambiar as facultade nas que se impartirán e que estean vinculadas a elas”, explica o vicerreitor de Profesorado.
Nesta sesión do Consello tamén se abordou o cambio de denominación da Facultade de Ciencias sociais e da comunicación, que muda o seu nome polo de Facultade de Comunicación. O Claustro dera o seu visto bo ao informe sobre este cambio que se xustifica pola “evolución histórica e a realidade actual” do centro, no que só se imparten titulacións relacionadas co eido da comunicación: os graos en Publicidade e relacións públicas e Comunicación audiovisual, os mestrados en Dirección de arte en publicidade e en Comunicación en medios sociais e Creación de contidos dixitais e doutoramento en Comunicación, que se leva a cabo xunto coa Facultade de FiloloxÃa e tradución.
Calendario conxunto para a verificación e modificación de titulacións
En relación coa verificación e modificación de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o vindeiro curso, hoxe aprobouse o calendario e o procedemento, con dúas novidades importantes. Dunha banda, un calendario común para as tres universidades do SUG, logo do acordo acadado entre elas e posteriormente coa SecretarÃa Xeral de Universidades para unificalo. E doutra, “o adianto nas datas para que non haxa problemas de tempo para empezar a impartir os tÃtulos no curso 2024/2025”, explica Lago. AsÃ, o 25 de novembro de 2022 é a data limite para a presentación de declaracións de interese no caso dos tÃtulos de grao, mestrado e doutoramento e do 1 de setembro ao 15 de outubro de 2023 o perÃodo establecido para subir a memoria do tÃtulo á sede electrónica do Ministerio.
Na sesión de Consello celebrada hoxe tamén se aprobou o procedemento e criterios de prelación para a saÃda a concurso de prazas de profesorado doutor a tempo completo do profesorado axudante doutor. “Non son unha modificación”, explica Alfonso Lago, que lembra que ata o de agora a promoción a contratado doutor realizábase desde a categorÃa de interino. “à vista de que a bolsa de interinos xa non é moi grande, dáse a posibilidade de promoción de axudantes doutores que non teñen rematados os cinco anos, para o que se necesita establecer un procedemento de prelación, mantendo como prioridade a bolsa de contratados doutores interinos”, detalla o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, que sinala que o procedemento é semellante ao correspondente á promoción de profesorado contratado doutor interino a contratado doutor.
Por outra parte, tamén se aprobou a modificación das normativas de TFG e TFM, uns cambios realizados co obxectivo de actualizar a normativa ao novo RD 822/2021; incluÃlas no plan de financiamento da Xunta do indicador de publicación anual de traballos TFG/TFM no portal de transparencia e visualizar a información das e dos autores dos traballos, para o que cómpre que as persoas titulares dos dereitos autoricen a difusión dos seu traballo no repositorio institucional da UVigo, para cumprir coa normativa de protección de datos.
Memoria de responsabilidade Social do ano 2021
A Memoria sobre responsabilidade social da UVigo no ano 2021 foi outra das cuestións que hoxe se abordaron na sesión celebrada polo órgano de goberno da Universidade de Vigo. A vicerreitora de Benestar, equidade e diversidade, Maribel Doval, foi a encargada de animar ás e aos integrantes do Consello a consultar o informe no que a institución rende contas anualmente sobre a súa acción social. Na súa intervención, Doval destacou, entre outros aspectos que un ano máis a Universidade de Vigo, mantivo o seu compromiso coa igualdade de oportunidades a través dos programas de axudas para estudantes financiados co seu propio orzamento, destinando un orzamento inicial de 90 000 € para atender as necesidades do estudantado matriculado en titulacións oficiais, afectado polas consecuencias económicas da declaración do estado de alarma.
Por outra banda, no curso 20/21 un total de 101 estudantes solicitaron apoio por parte do Programa de Atención á diversidade (Piune), mentres que o Gabinete Psicopedagóxico atendeu máis de 3300 consultas. En canto ás actividades de voluntariado, 226 estudantes tomaron parte nos 33 programas activos durante ese curso.