
En canto aos nomes masculinos, a estatÃstica mostra que os cinco máis frecuentes son ‘MateoÂ’, ‘MartÃnÂ’, ‘HugoÂ’, ‘LeoÂ’ e ‘LucasÂ’. A comparativa co ano 2020 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que ‘LucasÂ’ estaba no terceiro lugar e no 2021 baixa ata o quinto posto, por detrás de Hugo e Leo, que ocupan o terceiro e cuarto posto respectivamente.
Por outra banda, se se amplÃa a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como en 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás ‘IagoÂ’, ‘AnxoÂ’, ‘MarioÂ’ e ‘AdriánÂ’ que dan paso no 2021 a ‘RoiÂ’, ‘BrunoÂ’, ‘LucaÂ’ e ‘AlejandroÂ’.
En canto ás nenas, no 2021 incorpóranse ‘EmmaÂ’ e ‘LolaÂ’ e desaparecen do listado dos 20 primeiros ‘AlmaÂ’ e ‘UxÃaÂ’.
EstatÃstica sobre os nomes máis frecuentes da poboación
O IGE tamén dispón da ‘EstatÃstica sobre os nomes máis frecuentes da poboaciónÂ’ a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).
Esta estatÃstica ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os dÃas 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.