Archivo (10 del 2022)

Buscador

Noticias

'A dixitalización non é o futuro, xa está aquí e require iniciativa e capacidade de adaptación'. De aquí a 2030 o seu impacto na produtividade, no emprego, na desigualdade, etc. dependerá das políticas públicas que se deseñen desde hoxe mesmo nas distintas administracións, pero 'dende logo' cun protagonismo especial do goberno autonómico.
En Galicia existen 1.769 empresas de economía social, que dan traballo a 15.151 persoas. Son datos extraídos do informe que o Centro de Estudos Cooperativos da USC (CECOOP) e o Centro de Información e Investigación sobre a Economía Pública, Social e Cooperativa (CIRIEC-España) presentaron este xoves en Compostela baixo o título 'A Economía Social en España en cifras'.
O congreso 'Retos do cambio climático: impactos, mitigación e adaptación' botou a andar en Santiago de Compostela. Este foro, organizado conxuntamente por USC e UVigo, constitúe a edición número doce do congreso da Asociación Española de Climatoloxía (AEC). Ata o venres 21, a xuntanza conformará un espazo de referencia para o intercambio, debate científico e difusión sobre as ciencias atmosféricas e, particularmente, o cambio climático.
O proxecto Aldearmos é 'un ambicioso programa de democratización cultural do e no rural'. Así se presentou no campus de Ourense a iniciativa posta en marcha por unha vintena de concellos do rural das provincias de Ourense e Lugo que participan na Rede Aldear. Aldearmos é un programa que conta con catro pés que teñen como obxectivo amosar a vitalidade do rural das provincias de Lugo e Ourense e contribuír a asentar proxectos culturais nel.
As facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas, Química e a Real Academia Galega de Ciencias, con motivo da celebración da festividade de San Alberte Magno, organizan a IX edición do concurso ‘A Ciencia en imaxe’. O certame conta con dúas categorías, fotografía e vídeo divulgativo, sempre que o contido estea relacionado coas Ciencias, como por exemplo, os seus conceptos fundamentais, científicos/as, fenomenoloxía, aplicacións tecnolóxicas, ou temas de investigación, entre outros.
O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo acaba de finalizar unha nova intervención arqueolóxica na 'cibdá' de Armea, no concello ourensán de Allariz. Desde mediados do mes de setembro, un equipo de seis persoas estivo traballando na ampliación da zona escavada, descubrindo 300 novos metros cadrados deste xacemento de orixe romana, ocupado arredor do século I despois de Cristo e abandonado no III.
O programa do II Foro Pensando en Educación organizado polo Concello da Coruña e a Universidade da Coruña retoma as conferencias, logo da pausa do verán, o vindeiro 25 de outubro coa presenza da escritora Inma Chacón. O Paraninfo da Reitoría da UDC, na Maestranza, acollerá ás 19:30 horas a intervención de Chacón “Escribir ensinando, ensinando a escribir”
Santiago de Compostela converteuse este luns 17 de outubro na capital mundial da Xeografía ao acoller, no Colexio de Fonseca, a reunión do comité executivo da Unión Xeográfica Internacional da que é vicepresidente o catedrático da USC, Rubén Lois. O reitor Antonio López mantivo unha xuntanza previa ao acto cos representantes desta asociación asesora da UNESCO e da ONU en diversos ámbitos.
Investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC cítanse o vindeiro 23 de outubro no Courel para abordar sobre o terreo a problemática dos incendios, ademais de para analizar e propoñer alternativas e oportunidades de futuro para a ampla extensión da serra courelá que asolada polas lapas o pasado mes de xullo.
Un congreso internacional e, arredor del, múltiples actividades culturais, desde unha exposición ata recitais poéticos, pasando por un ciclo de cinema, unha performance e unha instalación artística. Así celebrará a Universidade de Vigo o centenario do nacemento do premio Nobel José Saramago. Será do 26 ao 29 de outubro en distintos puntos da cidade de Vigo, entre eles o Centro de Visitantes do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia e o Instituto Camões
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES