Archivo (10 del 2022)

Buscador

Noticias

O espazo cultural da Universidade da Coruña, NORMAL (Campus de Riazor), acolle desde o venres 14 de outubro, a exposición 'A Galicia deseñada', unha proposta de viaxe pola historia do deseño galego elaborada a partir dunha selección de cen símbolos, marcas e identidades gráficas. A Galicia deseñada é o resultado dun proxecto de investigación que busca poñer en valor e dar a coñecer o deseño realizado en Galicia.
USC e UNICEF España realizaron un estudo sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia, que aplicou escalas validadas internacionalmente para o estudo do benestar emocional e o risco de depresión. Cunha mostra de máis de 40.000 adolescentes entre os 11 e os 18 anos, a investigación constatou que o 15% de adolescentes presenta síntomas graves ou moderadamente graves de depresión. Ademais, a taxa de ideación suicida sitúase no 10,8%, o que evidencia a necesidade de definir políticas públicas que actúen neste eido.
A vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da Universidade da Coruña organiza o Foro Avanza do 25 ao 27 de outubro co obxectivo de facilitar a transición ao mercado laboral do alumnado e dos egresados da UDC. Este Foro será un encontro entre o estudantado e os axentes do mercado laboral no que haberá distintas actividades para que o alumnado mellore as competencias, destrezas e habilidades que se demandan e unha feira de emprego.
Dúas son as xornadas que proximamente se celebrarán en ou desde a Facultade de Historia do campus de Ourense. Por unha banda, os días 13 e 14 de outubro terán lugar, de xeito virtual, as Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, que nesta ocasión centraranse na transición democrática. Por outra banda, o día 17 será a quenda da V xornada Olladas á Antigüidade, que nesta edición ten por temática Violencia no universo feminino.
USC e Consorcio de Santiago coeditan o libro ComPOPstela, música moderna en Santiago (1954-1978), escrito polo doutor en Historia da Arte Alfonso Espiño Louro. A obra acaba de ser presentada publicamente nun acto que contou coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; os responsables dos servizos de Publicacións de ambas institucións, Juan Blanco e Juan Conde; ademais do autor do volume.
O Observatorio Municipal Galego, iniciativa da Rede Localis, fixo público un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a entidade xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, destaca que as entidades locais galegas “aproban” en rendición de contas.
A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, organiza xunto ao Centro de História da Sociedade e Cultura e o Centro Interuniversitario de Estudos Camonianos, os dous pertencentes á Universidade de Coimbra, a I Xornada Internacional de Estudos Xacobeos que se desenvolverá en Portugal do 27 ao 28 de outubro.
'Ser quen de usar diferentes linguas na mesma conversa e integrar elementos destas linguas nun único enunciado (alternancia de código) é unha capacidade humana fascinante que aínda non entendemos de todo', aseguran os docentes e investigadores do grupo de investigación LVTC (Languaje Variation and Textual Categorisation) da UVigo Carmen Parafita e Javier Pérez-Guerra.
A USC ocupa a sexta posición en orzamento concedido no marco de programa Erasmus+ KA171 para o período 2022-2025 nun cómputo total de 67 institucións de Educación Superior en toda España e a primeira a nivel galego. Segundo publicou o SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) a finais de setembro para o programa ‘Erasmus+ Mobilidade educativa de estudantes e de persoal de Educación Superior’, contará con preto dun millón de euros.
Un dos grandes retos globais é a loita contra o cambio climático, que ten entre un dos seus principais efectos a intensificación dos eventos extremos, tanto secas como inundacións. Na súa prevención e afrontamento, a xestión da información para a toma de decisións e para a comunicación coa sociedade ten un papel decisivo.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES