
As universidades de Valladolid, Granada, Málaga, Xaén e Cádiz ocupan, nesta orde, os cinco primeiros postos en orzamento para a xestión deste programa, financiado con fondos de polÃtica exterior.
“O orzamento acadado é un recoñecemento ao labor que a USC vén realizando dende 2016 na xestión deste programa, a través da Oficina de Mobilidade”, destacou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, MarÃa José López Couso.
Este proxecto denominarase a partir desta convocatoria Erasmus+ KA171, no lugar da antiga nomenclatura Erasmus+ KA107. Ao elenco de paÃses xa consolidados como Senegal, Cabo Verde, Xordania, LÃbano, Palestina ou Siria súmanse neste perÃodo novos paÃses da Ãfrica subsahariana como Santo Tomé e PrÃncipe.
Romper a identificación con Erasmus
“Tradicionalmente a mobilidade asóciase ao programa Erasmus, a Europa e a alumnado de grao, pero nos últimos anos o elenco de paÃses incrementouse notablemente, asà como o espectro de participantes, xa que é unha iniciativa aberta a Persoal Docente e Investigador (PDI) e Persoal de Administración e Servizos (PAS)”, sinalou López Couso. “Por iso, é totalmente necesario romper a identificación de mobilidade con Erasmus”, engadiu.
Dende a posta en marcha desta acción en 2016 a USC traballou en cooperación internacional con máis de 100 universidades de ata 36 paÃses. Con esta nova dotación orzamentaria participarán no programa 130 estudantes saÃntes e entrantes de grao, mestrado ou doutoramento. Por outra banda, 90 membros da comunidade universitaria de PDI e PAS entrantes e saÃntes realizarán mobilidades cos paÃses cos que colabora a USC.
No marco do Programa Erasmus + KA 171, a Oficina de Mobilidade ten organizado dende 2018 catro encontros denominados ‘Staff WeeksÂ’ dirixidos ao persoal técnico das institucións participantes. O obxectivo primordial destas iniciativas é establecer sinerxÃas entre as universidades participantes, poñer en común metodoloxÃas de traballo e boas prácticas, para acadar nunha optimización dos recursos e acometer proxectos de investigación de maior envergadura de forma conxunta.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os dÃas 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.