A tese doutoral de Ana Iglesias Mejuto, titulada Development of aerogel-based formulations for regenerative medicine realizouse baixo a co dirección de Inés Ardao Palacios, do grupo Biofarma da USC, e Carlos Alberto García González, da Facultade de Farmacia e iMATUS. A súa investigación céntrase no desenvolvemento de novas formulacións baseadas en aeroxeles para aplicacións en medicina rexenerativa, contribuíndo ao deseño de biomateriais innovadores con potencial terapéutico. Na actualidade, Ana sigue vinculada a iMATUS como contratada posdoutoral.
Pola súa banda, a tese de Miguel Pereira titulada Design and development of gemcitabine-loaded nanoplatforms for advanced pancreatic cancer-targeted therapies levouse a cabo no contexto dunha colaboración internacional baixo a dirección de Carmen Álvarez Lorenzo, da Facultade de Farmacia e iMATUS, e Ana Cláudia Paiva-Santos e Francisco Veiga, da Universidade de Coimbra. O traballo aborda o deseño e desenvolvemento de nanoplataformas para tratamento de cancro de páncreas avanzado, achegando solucións prometedoras para mellorar a eficacia e especificidade dos tratamentos. Pereira incorporouse hai uns meses como investigador contratado ao MD Anderson Cancer Center (USA), un dos centros máis prestixiosos no seu ámbito.
Para a directora de iMATUS, Carmen Álvarez, a obtención do Julia Polak Award supón un recoñecemento internacional á excelencia investigadora e formativa de ambos galardoados, e reforza o papel de iMATUS como centro de referencia europeo no campo dos biomateriais.
A Sociedade Europea de Biomateriais concede anualmente este premio a persoal investigador que cumpre con criterios de excelencia académica e científica, incluíndo estadías internacionais, publicacións en revistas de alto impacto e participación activa en congresos internacionais, seguindo os estándares de calidade establecidos en honor á profesora Dame Julia Polak. O premio entregarase este ano no transcurso da 34 Conferencia Anual da Sociedade que terá lugar en Torino (Italia) no mes de setembro.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.