
O estudo está coordinado polo profesor da Facultade de PsicoloxÃa, Antonio Rial Boubeta.
“É significativo observar as diferenzas e brechas entre os distintos grupos de adolescentes enquisados, o que nos permite unha aproximación a factores sociais que inciden no benestar emocional da adolescencia”, apunta o estudo que foi difundido esta semana co gallo do DÃa Mundial da Saúde Mental. Centrándose en quen presenta sÃntomas graves ou moderadamente graves de depresión, o estudo amosa que é superior no caso das mozas (21,8%) que no dos mozos (7,7%); e o dato multiplÃcase por tres no caso daquelas persoas que non se identifican nin como mozos nin como mozas, alcanzado o 46,5%.
No caso da idade, os sÃntomas de depresión increméntanse entre os máis maiores (18,7% no rango de 16-18 anos fronte ao 12,6% no de 11-13 anos). En función da orientación sexual, tamén hai brechas significativas: no caso de quen se identifica como totalmente heterosexuais, está cinco puntos por baixo da media (sendo do 9,8%) e no caso de quen se identifica con orientacións sexuais non heterosexuais multiplÃcase case por 3 a taxa media (44,6% no caso de bisexuais, 39,7% no caso de homosexuais).
Asà mesmo, cabe destacar que os mozos e mozas que viven en centros de protección duplican a media con respecto a sÃntomas de depresión graves ou moderadamente graves, sendo no seu caso do 32%.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os dÃas 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.