Notas de prensa

A UDC organiza o Foro Avanza para facilitar o emprego e o emprendemento do estudantado universitario

A vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da Universidade da Coruña organiza o Foro Avanza do 25 ao 27 de outubro co obxectivo de facilitar a transición ao mercado laboral do alumnado e dos egresados da UDC. Este Foro será un encontro entre o estudantado e os axentes do mercado laboral no que haberá distintas actividades para que o alumnado mellore as competencias, destrezas e habilidades que se demandan e unha feira de emprego.

O Foro componse de dúas partes. Os días 25 e 26 de outubro, no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa organizaranse diversas charlas, mesas redondas e obradoiros relacionados coa empregabilidade. Varios expertos falarán sobre como mellorar as habilidades comunicativas, a elaboración do curriculum vitae ou como enfrontarse a un proceso de selección de persoal. O Foro contará coa presenza de titulados pola UDC que compartirán a súa experiencia de inserción laboral.

A segunda parte será a feira de emprego o día 27 de outubro, no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña, co obxectivo de achegar o mundo profesional ao académico. Haberá stands de trinta empresas e entidades como Repsol, Deloitte, Acciona, Carrefour, Navantia, Decathlon, NTT Data, Siemens, Gadisa, Clúster Industrial do Deporte Galego, Sacyr ou Hoteis NH. O alumnado ten a oportunidade de contactar directamente co persoal de Recursos Humanos destas empresas, e mesmo haberá procesos de selección para ofertas de emprego ou prácticas.

Universidade da Coruña, 2022-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (flores-rock-2026.jpg) Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES