Notas de prensa

As Xornadas de Historia Contemporánea da UVigo abordarán a transición democrática

Dúas son as xornadas que proximamente se celebrarán en ou desde a Facultade de Historia do campus de Ourense. Por unha banda, os días 13 e 14 de outubro terán lugar, de xeito virtual, as Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, que nesta ocasión centraranse na transición democrática. Por outra banda, o día 17 será a quenda da V xornada Olladas á Antigüidade, que nesta edición ten por temática Violencia no universo feminino.

As Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente están organizadas polo grupo de investigación HC1 e o grupo de innovación docente I2DH da UVigo. Ademais, enmárcanse no Plan de Promoción e Difusión do Patrimonio Natural e Cultural Ourensán posto en marcha pola Facultade de Historia con financiamento da Deputación Provincial de Ourense. Desde a súa organización sinalan que estas xornadas “goza dunha longa tradición dentro o panorama historiográfico galego”. Os seus obxectivos son achegar ao alumnado e ao público interesado algúns dos principais debates historiográficos e as liñas de investigación relacionadas coa docencia da historia contemporánea e o mundo actual, tanto a nivel xeral como de Galicia.

Nesta ocasión céntranse no estudo de diversos aspectos relacionados coa transición á democracia en España baixo o eixe “luces e sombras do proceso transicional”, para o cal contan coa participación de destacadas e destacados expertos que ofrecerán os resultados das súas últimas investigacións nesta temática. “Nestas xornadas, os especialistas debaterán en forma de seminario sobre os seus relatorios para, no mes de marzo do vindeiro 2023, difundilos ao alumnado e público interesado a través dunha canle de YouTube e dentro das Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente organizadas pola Ãrea de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo”, explica Julio Prada, responsable da actividade. Ao longo dos dous días de actividade, as e os relatores abordarán de forma telemática temas como as luces e sombras desta etapa histórica; o Movimiento Democrático de Mujeres en Galicia; o terrorismo de extrema esquerda contra a transición, e o terrorismo de ETA, a violencia etnonacionalista e a censura cinematrográfica durante este período. Ademais, Carlos Lozano fará unha aproximación á lexislación provincial durante o reinado de Sabela II (1833-1868), centrándose no caso da Deputación Provincial de Ourense.

A violencia no universo feminino na antigüidade

A actividade formativa arredor da historia continuará o 17 de outubro coa celebración na Facultade de Historia da V xornada Olladas á Antigüidade, que leva por temática Violencia no universo feminino. Esta iniciativa está organizada pola profesora e membro do GEAAT Susana Reboreda con financiamento da Unidade de Igualdade de UVigo, a Deputación de Ourense e o Ministerio de Ciencia. Os seus obxectivos son abordar distintos aspectos da violencia que rodeaba ás mulleres na antigüidade, analizar as vías de violencia física e mental que se realizaba contra elas, reflexionar sobre as vías de violencia que elas empregaban e establecer elementos comparativos entre as sociedades antigas, e entre estas e as actuais respecto a esta violencia da e contra a muller, detectando similitudes e diferenzas.

As xornadas constarán de catro intervencións realizadas por investigadoras e investigadores e expertas na investigación sobre a muller en distintas culturas da historia antiga: Próximo Oriente, Exipto, Grecia e Roma. Concretamente, abordaranse temas como a violencia en Babilonia segundo o código legal do rei Hammurabi; a violencia contra as mulleres no xacemento de Deir el-Medina; a historia de Clitemnestra e Hécuba e a violencia feminina nos relatos míticos de Roma (os casos de Lucrecia e Virxinia).

Universidade de Vigo, 2022-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (flores-rock-2026.jpg) Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES