
O motivo desta visita é realizar unha reunión, das tres que se celebran cada ano nun lugar do mundo, para tratar os asuntos de actualidade da entidade. Cómpre indicar que a directiva deste organismo non se reunÃa en España dende 1986, en Barcelona.
A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, presidiu a reunión do comité. Murias iniciou a súa intervención deixando patente que “é unha honra para a Universidade ser elixida como o lugar para acoller esta reunión”. Xunto a ela, interviñeron o propio Rubén Lois; e o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, Alberto DÃez de Castro. O acto tamén contou coa participación da vicepresidenta da Unión Xeográfica Internacional, integrante da directiva do Consello CientÃfico Internacional (ISCUNESCO) e profesora da Università degli Studi di Napoli Federico II, Maria Paradiso; e do presidente da Unión Xeográfica Internacional e profesor da University of Cape Town (Sudáfrica) e Nanjing-Jiangsu University (China), Michael Meadows.
Entidade histórica
Esta asociación fundouse en 1922, ano no que España se adheriu á entidade a través dunha Orde de Alfonso XIII. O catedrático da USC Rubén Camilo Lois González, director do departamento de XeografÃa e coordinador do grupo de Análise Territorial ANTE (GI-1871), foi reelixido na primavera de 2022 como vicepresidente da Unión.
A Unión Xeográfica Internacional é a organización mundial da XeografÃa, que forma parte do consello cientÃfico internacional da UNESCO como a máis autorizada representación académica da disciplina. A Unión tamén forma parte de CODATA, a organización internacional para o homoxeneización de datos xeoespaciais; as GeoUnions, organismo asesor da ONU para o coñecemento e a prevención de problemas do planeta Terra; o Consello Internacional de FilosofÃa e Ciencias Humanas; e a organización mundial da ONU para a preservación dos Océanos.
A Unión fundouse hai 100 anos en Bruxelas, aÃnda que a súa orixe pode remontarse a 1871 cando a cidade de Amberes acolleu o I Congreso Xeográfico Internacional. Dende 1945, a Unión é unha organización cientÃfica e académica que conta con 110 estados-nación adheridos dos cinco continentes. Celebra congresos internacionais que reúnen a milleiros de asistentes.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os dÃas 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.