
Esta convocatoria está aberta á comunidade universitaria da USC asà como á dos centros de Ensino Medio de Galicia nos que se impartan ESO e Bacharelato. A autorÃa das fotografÃas debe ser individual mentres que a dos vÃdeos pode ser individual ou grupal, de acordo cos requirimentos que se establecen nas bases da convocatoria.
En fotografÃa, o primeiro premio ascende a 200 euros, mentres que o segundo é de 100 euros. 250 e 125 euros son, respectivamente, as dotacións do primeiro e segundo premio na modalidade de vÃdeo. O prazo para inscribirse estenderase dende o 24 de outubro ata o dÃa 6 de novembro de 2022.
O rexistro é de balde e terá lugar no momento no que a/o concursante envÃe o formulario de inscrición e o arquivo coa súa fotografÃa/vÃdeo divulgativo á dirección de correo electrónico fisica.acienciaenimaxe@usc.es No asunto indicarase ‘A Ciencia en Imaxe: fotografÃaÂ’ ou ‘A Ciencia en Imaxe: vÃdeoÂ’ dependendo da categorÃa na que se queira participar.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os dÃas 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.