
Especialistas en fÃsica, bioloxÃa, ou xeografÃa, entre outras disciplinas, participan neste foro que reúne a 200 persoas procedentes de Chile, Brasil, Colombia, Perú, México, Inglaterra, Portugal ou Andorra. Ao longo desta semana o congreso servirá de marco para dar a coñecer 123 contribucións cientÃficas.
O vicerreitor de PolÃtica CientÃfica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, presidiu o acto inaugural no que tamén interviñeron Mila Castro, concelleira en materia de Medio Ambiente do Concello de Santiago; Estrella Gutiérrez Marco, en representación da Axencia Estatal de MeteoroloxÃa (AEMET); a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia, MarÃa Sagrario Pérez Castellanos; Domingo F. Rasilla, presidente da AEC; e Alberto Martà Ezpeleta, integrante do comité organizador.
O relatorio de Jesús Fidel González Rouco da Universidade Complutense de Madrid, titulado ‘Reconstrucións e simulacións do último milenio: experiencias para a simulación do cambio climático futuroÂ’ serviu de punto de partida para o foro. Modelos e escenarios climáticos; variabilidade, extremos e riscos climáticos; océanos e sistemas naturais; ou clima, saúde, economÃa e sociedade, son algúns dos bloques temáticos que integran o congreso. Os profesores da USC Alberto MartÃ, Dominic Royé e Alejandro DÃaz Poso organizan o evento xunto con Nieves Lorenzo da UVigo.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os dÃas 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.