
O adxunto á VicerreitorÃa de Organización Académica e Campus de Lugo, Antonio Ãlvarez, e o decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Roberto Bande Ramudo, foron os encargados de dar a benvida a mocidade emprendedora reunida na sede universitaria lucense. Daquela, o Campus Terra converteuse durante dous dÃas nunha sorte de campo de traballo no que os participantes tiveron a ocasión de traballar de xeito lúdico e en equipos interdisciplinares cuestións e desafÃos relacionados coa economÃa verde, produción eficiente e sostible; educación inclusiva e de igualdade; emprendemento dixital e uso das TIC´S no rural; industrias creativas e sector audiovisual; alimentación e vida saudable e a búsqueda do benestar animal e mellora dos ecosistemas.
Os participantes gozaron dunha primeira xornada de ideación, con xogos de creación de ideas e proxectos sostibles, formación con workshops especÃficos, prototipaxe con maquinas 3D, gamificación, drons, realidade virtual e actividades deportivas con caiac no rÃo e escalada no rocódromo. A segunda xornada consistiu nun Hackaton, no que os diferentes equipos maduraron as súas respectivas ideas e elaboraron propostas que logo presentaron en público e diante do xurado.
Os dous mellores prototipos de proxecto presentados no Terra Creative Jam acadaron praza para asistir á Residencia formativa LOF TALENT e tamén recibiron o convite para estar presentes na próxima edición do programa de emprendemento EXPLORER USC,qu que mantén aberto o prazo de inscrición ata mediados de novembro. Ademais, cada un dos membros do equipo gañador, recibirán premios como cámaras tipo GoPro, impresoras 3D-mini e tablets, entre outros agasallos tecnolóxicos, cos que tamén se premiou o traballo desenvolvido polos integrantes do terceiro equipo mellor valorado do certame.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os dÃas 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.