Archivo (6 del 2021)

Buscador

Noticias

A rápida propagación da variante do SARS- CoV-2, 20E (EU1), xurdida en España a comezos do verán de 2020, motivada polas viaxes de vacacións, e estendida rapidamente por Europa, subliña a importancia dun esforzo de secuenciación xenómica coordinado e sistematizado para detectar, rastrexar e analizar variantes emerxentes da COVID-19.
O turismo sostible nos espazos naturais protexidos da provincia de Ourense; a potenciación do interese turístico do Complexo Arqueolóxico e Termal de Aquis Querquennis; o fracaso escolar en matemáticas; a calidade do sector hoteleiro ourensán e a circularidade das actividades económicas da provincia. Estas son as temáticas dos cinco proxectos recollidos na publicación 'Proxectos INOU 2019. Investigación aplicada na provincia de Ourense'.
'Os Camiños de América' é o lema baixo o cal se desenvolve na USC o XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas. Entre o 14 e o 16 de xuño, celebraranse 32 simposios temáticos que abranguen diferentes aspectos e épocas da historia de América, prestando especial atención ás relacións específicas con Galicia.
As negociacións levadas a cabo polo rexedor fixeron posible conquerir os apoios de Vicepresidencia e Turismo e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que se suman ao xa manifestado publicamente polo de Cultura e Educación, que dirixe Román Rodríguez e ó investimento na mellora das instalacións do colexio Virxe do Corpiño de mais de 500.000 euros, xa en fase de licitación.
O Atlas de Covas e Canóns de Galicia conta na actualidade con máis de medio milleiro de recursos: 492 covas e 21 canóns que representan 40 quilómetros topografiados e 1.102 metros de profundidade. Reúne as catro paisaxes subterráneas galegas (carst, pseudocarst, paracarst, covas de consecuencia), as construcións subterráneas máis singulares e os canóns equipados para a práctica deportiva.
Tras un ano de parón pola pandemia, as tres universidades galegas retoman dende hoxe a Xornada Universitaria Galega en Xénero, un cita que naceu en 2013 como un punto de encontro e reflexión anual para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero, “un evento único no estado español e unha fortaleza para a sociedade galega”, como recalcan as súas organizadoras, as unidades de igualdade da UVigo, a USC e a UdC.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa de Consello da proposta de calendario laboral correspondente ao ano 2022, que recolle como festivos propios o Día das Letras Galegas e o día de San Xoán. Tal e como explicou o titular da Xunta, a norma estatal establece 14 festas anuais de ámbito nacional, dous a elixir por cada concello.
Na mañá deste xoves 10 de xuño, poderá contemplarse unha eclipse parcial de Sol de baixa magnitude. Trátase dunha eclipse anelar xa que a Lúa estará próxima á súa posición mais afastada da Terra (apoxeo) e non será quen de tapar completamente o Sol. Ao tratarse dunha eclipse anelar, vaise ver só nunha banda de territorio que vai dende Canadá, pasando por Grenlandia, o Mar Ártico e o estremo oriental de Siberia.
Con dirección e dramaturxia da propia AveLina Pérez, interpretación compartida xunto a Daniel Casquero, composición musical de Ramón Raíndo, iluminación a cargo de Pedro Fresneda e montaxe de vídeo de Jesús Andrés Tejada, a nova proposta preséntase como un encontro arredor da vulnerabilidade 'en contraste con todo iso que nos queren facer crer que é vivir', segundo expresa a súa autora.
A USC repite entre as mellores universidades do mundo na edición correspondente a 2022 do ránking que elabora Times Higher Education a través da análise de máis de 1.600 institucións pertencentes a 99 países. O intervalo 801-1000 é o ocupado pola Universidade nesta listaxe da que forman parte un total de 53 institucións españolas.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES