
O foro conta con máis de 300 participantes —115 presenciais e 196 virtuais— de 120 institucións e 27 paÃses de América Latina, Europa, Asia e Ãfrica, grazas á combinación das modalidades presencial e virtual.
Inauguración
No acto inaugural que se desenvolve este luns 14, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a partir das 19.30 horas e presidido polo reitor Antonio López, toman parte o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez; Pilar Cagiao Vila, coordinadora do Comité Organizador do Congreso; e Ascensión MartÃnez Riaza, presidenta da Asociación Española de Americanistas. O relatorio inaugural titulado ‘América e a identidade de Galicia: unha visión dende dúas beirasÂ’ corre a cargo do profesor Ramón Villares, xunto con Fernando Devoto da Universidade de Bos Aires.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.