Notas de prensa

A importancia da vixilancia xenómica para conter a propagación da COVID-19

A rápida propagación da variante do SARS- CoV-2, 20E (EU1), xurdida en España a comezos do verán de 2020, motivada polas viaxes de vacacións, e estendida rapidamente por Europa, subliña a importancia dun esforzo de secuenciación xenómica coordinado e sistematizado para detectar, rastrexar e analizar variantes emerxentes da COVID-19.

Isto permitirá deseñar políticas alternativas ás restricións de mobilidade para frear a extensión do virus, reducindo o risco de introducir variantes e garantindo que as que se introduzan non se propaguen amplamente e poidan manterse en niveis baixos. Esta é a principal conclusión do último estudo do consorcio español SeqCOVID que acaba de publicar a revista Nature e que conta coa participación do grupo do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), Xenomas e Enfermidade, liderado por José C. Tubío.

“Os nosos resultados demostran como unha variante pode converterse rapidamente en dominante mesmo en ausencia dunha vantaxe de transmisión substancial en condicións favorables en contornas epidemiolóxicas”, explica José Tubío. A vixilancia xenómica é fundamental para comprender como as viaxes poden afectar á transmisión do SARS- CoV-2 e, polo tanto, “para deseñar futuras estratexias de contención nunha situación normalizada de mobilidade intercontinental”, segundo o investigador da USC.

Os responsables da formulación de políticas necesitan unha avaliación áxil sobre se unha nova variante aumenta a propagación do virus, evade a inmunidade preexistente ou ten diferentes propiedades clínicas. No caso de 20E (EU1) ningún destes factores parece cambiar substancialmente, o que a converte nun claro exemplo de como as viaxes, sumadas a grandes diferenzas rexionais na prevalencia, poden conducir a cambios rápidos na distribución da variante sen unha aparente transmisibilidade.

“Conscientes de que a longo prazo as restricións de mobilidade e os peches de fronteiras non son sostibles, identificar mellores formas de reducir o risco de introducir variantes e garantir que as que se introduzan non se propaguen amplamente, axudará aos países a controlar o SARS-CoV-2”, sostén Castro Tubío.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-06-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES