Noticias

Identificados 1.600 elementos a incluír no Catálogo de bens culturais do litoral galego

Galicia xa ten identificados 1.600 elementos a incluír no futuro catálogo de bens de valor cultural no litoral. Un traballo que se desenvolveu en tan só dous meses desde a asunción das funcións e servizos en materia de ordenación e xestión do litoral por parte do Executivo galego. A Lei de ordenación e xestión integrada do litoral en Galicia (Loxilga), en vigor desde hai dous anos, converteu Galicia na primeira Comunidade Autónoma en regular por lei a totalidade da súa costa, exercendo desde o pasado 1 de xullo a súa xestión plena e efectiva co traspaso das funcións e servizos correspondentes. Este marco normativo supón un punto de partida que dota a Galicia da capacidade de actuar e planificar o futuro do seu litoral.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que Galicia xa ten identificados 1.600 elementos a incluír no futuro catálogo de bens de valor cultural no litoral. Un traballo que se desenvolveu en tan só dous meses desde a asunción das funcións e servizos en materia de ordenación e xestión do litoral por parte do Executivo galego.

Acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o presidente do Goberno galego visitou a antiga fábrica baleeira de Caneliñas, en Cee. Neste acto, puxo en valor a riqueza histórica, natural, cultural e produtiva da costa “da comunidade autónoma con máis quilómetros de costa”, máis de 2.500, e que concentra máis do 50% do emprego do sector nacional do mar e achega arredor do 5% do PIB galego a través da cadea mar-industria.

A Lei de ordenación e xestión integrada do litoral en Galicia (Loxilga), en vigor desde hai dous anos, converteu Galicia na primeira Comunidade Autónoma en regular por lei a totalidade da súa costa, exercendo desde o pasado 1 de xullo, tal e como lembrou o presidente, a súa xestión plena e efectiva co traspaso das funcións e servizos correspondentes. Segundo explicou, este marco normativo supón un punto de partida que dota a Galicia da capacidade de actuar e planificar o futuro do seu litoral, algo que “pagaba a pena xestionar”.

Rueda sinalou que o futuro catálogo, “moi heteroxéneo”, será un dos primeiros froitos desta nova etapa. Tras revisar un inventario inicial de máis de 450 edificacións nos 86 concellos costeiros, completouse un estudo exhaustivo que elevou a cifra a máis de 1.600 elementos con valor cultural. Deles, tal e como destacou o presidente, arredor de 870 son edificacións que poderán ter novos usos compatibles coa súa conservación, como faros, muíños, hórreos ou a propia fábrica baleeira de Cee.

Neste sentido, o titular do Executivo galego destacou que o obxectivo é revitalizar estas construcións para que deixen de “esmorecer”, ser ruínas esquecidas, e se transformen, de novo, en espazos útiles, xeradores de actividade, emprego e orgullo colectivo.

Ademais, subliñou que o proxecto de decreto do catálogo está xa en tramitación, tras unha consulta pública realizada este verán. O próximo paso será sometelo a información pública en outubro coa previsión de aprobalo “antes de que remate este ano”.

O presidente salientou que a Xunta xa está a traballar tamén na senda que conectará todo o litoral galego desde Ribadeo ata A Guarda.

Axudas por 5M€ para potenciar o turismo de costa

Neste contexto, hoxe ábrese o prazo para que os titulares -persoas físicas ou xurídicas- de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros de Galicia poidan optar á liña de axudas destinada ao embelecemento do litoral galego. Esta convocatoria supón un investimento de 5M€ en distintas actuacións de mellora enerxética, dixitalización e mellora das fachadas dos edificios da liña de costa de Galicia. Ademais, vén a activar o Plan do Litoral e ten como principal obxectivo potenciar o turismo de costa.

En concreto, poderán optar hoteis, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, entre outras tipoloxías de aloxamento e tamén restaurantes, cafetarías e bares. O prazo rematará o 12 de novembro e as actuacións e os gastos vinculados coa axuda concedida deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de xuño de 2026.

R., 2025-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES