Notas de prensa

A pioneira da astronomía Antonia Ferrín Moreiras dá nome a un novo asteroide

A Unión Astronómica Internacional (UAI) acaba de bautizar un asteroide co nome ‘(14005) Ferrinmoreiras’ na honra da científica Antonia Ferrín Moreiras, pioneira na USC e en España. Foi a primeira muller en formar parte do cadro de profesores da Facultade de Matemáticas da USC, a primeira en realizar investigacións no compostelán Observatorio Astronómico ‘Ramón María Aller’ e a primeira doutora en astronomía de España.

Este último aspecto da biografía da astrónoma ourensá é o que destaca o grupo de traballo WG Small Bodies Nomenclature na publicación da nova nomenclatura do asteroide no seu boletín do 1 de setembro de 2025, que lembra que a científica traballou no observatorio da USC e deu clases na Universidade Central de Madrid.

O asteroide que xa leva o seu nome foi descuberto polo Dr. Orlando Naranjo no Observatorio do Llano del Hato (Mérida, Venezuela) en 1993.

Unha intensa biografía

Tal e como explica a profesora da USC Josefina Ling no artigo ‘La primera astrónoma gallega’ en Ciencia en historias, Antonia Ferrín matriculouse na Facultade de Ciencias da Universidade compostelá, onde daquelas só se impartía a carreira de Química. Licenciouse no ano 1934, compaxinando o seu labor como profesora axudante de prácticas na facultade co de axudante interina da sección de ciencias do Instituto de Santiago ata 1936. Paralelamente estudaba a carreira de Farmacia e os dous únicos cursos de Ciencias Exactas que se impartían na USC.

Coa Guerra Civil, en 1937 foi sancionada por motivos políticos e inhabilitada ata o ano 1940. Foi nesa década cando coñeceu a Ramón María Aller, fundador do Observatorio Astronómico da USC, co que investigou durante varias décadas.

En 1950 licenciouse en Ciencias exactas na Universidade Central de Madrid e pouco despois gañou unha praza de catedrática de Matemáticas na Escola Normal de Maxisterio de Santander. Xa en 1957, ao crearse a sección de Matemáticas da Facultade de Ciencias na USC, Antonia converteuse na súa primeira docente muller; e é en 1963 cando pasa a ser a primeira doutora en Astronomía en España coa tese ‘Observaciones de pasos por dos verticales’.

Ferrín rematou a súa carreira profesional en Madrid, exercendo como profesora adxunta na Facultade de Matemáticas da Complutense e como catedrática de Matemáticas na Escola de Maxisterio Santa María de Madrid. Faleceu en 2009 á idade de 95 anos.

En recoñecemento á súa traxectoria, Antonia Ferrín foi a primeira muller á que se lle dedicou unha aula na Facultade compostelá, na que a científica ourensá foi madriña da celebración dos 50 anos da licenciatura.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2025-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES