Notas de prensa

A eclipse parcial de Sol deste xoves poderá seguirse dende as 10.49 horas

Na mañá deste xoves 10 de xuño, poderá contemplarse unha eclipse parcial de Sol de baixa magnitude. Trátase dunha eclipse anelar xa que a Lúa estará próxima á súa posición mais afastada da Terra (apoxeo) e non será quen de tapar completamente o Sol. Ao tratarse dunha eclipse anelar, vaise ver só nunha banda de territorio que vai dende Canadá, pasando por Grenlandia, o Mar Ártico e o estremo oriental de Siberia.

'Fóra desa zona, a eclipse será parcial e a Lúa ocultará tanto menos o Sol, canto máis nos afastemos de dita zona', explica José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

Concretamente, na Península Ibérica, a magnitude da eclipse —fracción máxima do diámetro solar ocultado— terá o meirande valor en Galicia (0,2), diminuíndo segundo se descenda cara ao sur. O fenómeno completo comezará ás 10.12 horas e rematará ás 15.11 horas. En Santiago de Compostela, poderá seguirse dende as 10.49 ata as 12.41 horas, e con mínimas diferenzas horarias no resto de Galicia.

As últimas eclipses parciais de Sol observadas en España producíronse en 2015 e 2017. Asemade, en 2005 púidose seguir completamente unha eclipse anelar. “Dentro de cinco anos haberá a posibilidade de ver unha eclipse total na Península e ano e medio despois, outra anelar”, avanza o profesor Docobo.

Para o seguimento das eclipses de Sol é preciso seguir rigorosas medidas de seguridade. “Non se pode mirar o Sol sen a protección adecuada e menos usando prismáticos ou telescopios”, apunta o profesor Docobo. Asemade, recoméndase o uso de gafas especiais para eclipses “ou como moito cristais de soldadura de máxima protección”, engade o director do Observatorio da USC para logo matizar que, aínda así, cómpre facelo durante escasos segundos.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES