Archivo (6 del 2021)

Buscador

Noticias

Un ano máis, e van 26, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense volve a levantar o pano. Do 1 ao 15 de xullo diferentes escenarios da cidade das Burgas acollerán 24 representacións de compañías de cinco países e de diferentes puntos da xeografía estatal. Con prudencia pero dando pasos cara a “normalidade”, a cita márcase como obxectivo comezar a devolver a maxia do teatro ao público.
En tempos de covid-19 as empresas buscan, ante todo, profesionais responsables, moi motivados e comprometidos coa consecución de resultados. Así se amosa no último Barómetro de Empregabilidade da Universidade de Vigo, un estudo editado polo Consello Social no que se reflexiona sobre as competencias que máis demandan os empregadores tras o xurdimento da pandemia e no que se analiza en detalle como modificou a crise sanitaria a actitude do empresariado á hora de seleccionar o seu persoal.
O festival de artes escénicas USCénica 2021 bota a andar este martes 22 de xuño e estenderase ata o vindeiro día 10 de xullo. O encontro co artista de vídeo, intérprete e director de escena Rodrigo García, ás 20.00 horas deste martes, na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, servirá de apertura para este festival de artes escénicas que chega á súa segunda edición. Ás 22.00 horas, será a quenda do pianista vigués Yago Vázquez Trío que actuará na terraza do Auditorio da Universidade.
O excelente entendemento entre a USC e a Deputación tivo como novo episodio a celebración do Obradoiro Valgada do Campus, impulsado de forma conxunta co obxectivo de explorar posibles intervencións orientadas á posta en valor da área verde arredor da que se estende a sede universitaria luguesa e á optimización dos usos do seu anfiteatro.
O U-Ránking elaborado pola Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas volve situar a USC, na súa edición correspondente a 2021, no quinto chanzo dunha clasificación composta por doce niveis. Esta edición analiza un total de 72 universidades cubrindo o 98% do Sistema Universitario Español, en termos de número de estudantes de grao, e examina máis de 3.400 graos e dobres graos.
O programa Tech Kids ten como obxectivo identificar e desenvolver o talento dixital e fomentar o interese pola tecnoloxía e a ciencia entre a infancia e a mocidade galegas. Estruturarase arredor de tres eixos: Encontros con profesionais TIC, Mática e Ciberseguranza-Kids. A través dos encontros con profesionais TIC, nen@s de 6 a 18 anos poderán interactuar cun experto en temáticas como laboración de personaxes 3D, creación de videoxogos, robótica, intelixencia artificial, impresión 3D ou industria 4.0.
Compartir información e puntos de vista sobre a investigación de vangarda nos diferentes eidos da tecnoloxía mariña. Ese é o obxectivo co que arrancou este mércores o 9th International Workshop on Marine Technology, MARTECH 2021, un encontro virtual organizado polo Campus do Mar da Universidade de Vigo e a Universitat Politécnica de Catalunya no que durante tres días máis de 60 investigadoras e investigadores abordarán aspectos fundamentais no futuro da tecnoloxía mariña.
Durante a última semana esta iniciaitva, que busca achegar a ciencia e a tecnoloxía ao rural e semirrural galego, visitou Bertamiráns, Portosín, Outes e Milladoiro. Alí realizaron numerosos talleres gratuítos sobre impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica ou realidade aumentada, mesturando estas tecnoloxías coa cultura propia do lugar e a súa relación co Camiño de Santiago.
Na noite do domingo ao luns, ás 5.32 horas do día 21 de xuño, dá comezo o verán no hemisferio norte. 'En dito instante o Sol estará no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación con respecto ao ecuador (máxima declinación). Nestes días, polo tanto, temos a meirande diferenza entre o día e a noite', explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.
Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia contadores de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, pero non faltarán voces nacionais procedentes de Zamora, Salamanca, Cataluña e, por suposto, Galicia. Algúns dos nomes que configuran o cartel deste ano son Thoma Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Eugenia Manzanera, Pep Bruno ou José Luis Gutiérrez "Guti".
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES