
A estación que agora comeza prolongarase ata as 21.21 horas do 22 de setembro. Estes 93,66 dÃas fan que o verán boreal sexa a estación máis longa das catro. Nesta ocasión, a visión das Perseidas na noite do 12 ao 13 de agosto verase favorecida pola fase lunar, que estará entre nova e crecente e que, polo tanto, “non vai estorbar durante a noite”, matiza o profesor Docobo. “Dende lugares sen contaminación luminosa poderÃan observarse sobre 100 meteoros/hora”, engade.
Por outra banda, os planetas Xúpiter e Saturno, bastante próximos entre si, van poder ser contemplados ao logo de todo o verán. Tamén vai ser destacable a aliñación dos planetas Mercurio, Venus e Marte en agosto, cara o oeste, logo do solpor. Como en anos precedentes, o Observatorio Astronómico Ramón MarÃa Aller impartirá sesións públicas de divulgación da astronomÃa en 24 localidades galegas, dentro de dous programas no marco do Xacobeo 21-22.
MeteoroloxÃa
Remata outra primavera seca na contorna de Compostela pero de contrastes tÃpicos desta época do ano. No comezo da estación non houbo precipitacións (2,0 l/m2 nos últimos dÃas de marzo) para logo comezar suavemente ao longo de abril (74,9 l/m2) e incrementarse a mediados de maio (135,9 l/m2). As primeiras dúas semana de xuño foron secas e máis ben calorosas, chegando de novo as choivas a fins da primavera. En total recolléronse en Compostela ao redor de 275 litros/m2 en toda a primavera, o que representa “un rexistro moi curto para o que é a media, case o dobre”, engade Docobo. A temperatura máxima dos últimos tres meses acadouse o dÃa 15 de xuño con 31º8, seguida dos 30º7 do dÃa anterior. En maio, en contra do que viña sendo habitual nos últimos anos, non se pasou dos 27º5 (dÃa 31), temperatura que en cambio superou marzo con 27º8 (dÃa 31).
“Chaman a atención as mÃnimas medidas os dÃas 2 e 4 de maio, ambas as dúas por debaixo dos 3º”, sinala o profesor Docobo, aÃnda que a temperatura mÃnima da primavera, practicamente igual á dos xa sinalados dÃas de maio, foron os 2º5 rexistrados o 27 de marzo.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.