
Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021.
En tempos complexos coma os que vivimos, poucos elementos teñen tanta capacidade de contribuír á dinamización e reforzo das relacións sociais e persoais como a cultura, apuntan dende a organización de USCénica. Por iso a USC, nesta chamada nova normalidade, reforza a súa aposta por aquilo que nos une e nos inspira, por todas e cada unha das súas formas. É a cultura USC.
Os espazos de exhibición deste USCénica 2021 serán a Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e Terraza do Auditorio da Universidade (Avenida de Vigo, s/n. Campus Vida), o Teatro Principal (Rúa Nova, 21), o Salón Teatro (Rúa Nova, 34), e a Igrexa da Universidade (Praza de Mazarelos, 2). O programa completo do festival, así como as localizacións específicas pode consultarse nesta ligazón. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.
Fins solidarios
O acceso é de balde aos concertos, encontros e proxeccións, previo paso polo despacho de entradas podendo obterse un máximo de dúas por persoa. O acceso ás funcións programadas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, Teatro Principal, Salón Teatro e Igrexa da Universidade teñen un prezo de 3 euros, e a recadación será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago e Compostela.
Medidas sanitarias
Por mor da crise sanitaria da COVID-19, todas as actuacións rexeranse polos protocolos ditados polas autoridades sanitarias. Neste senso, as persoas que asistan ás funcións programadas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño están obrigadas a facer uso do xel sanitizante situado no acceso da sala antes de entrar na mesma. Igualmente, deberán retirar a súa máscara facial persoal e colocar outra que lles será entregada gratuitamente pola organización do festival. A capacidade desta sala é dun máximo de 18 espectadores por pase. Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a ningún dos espazos.
Oferta formativa
No marco do festival tamén se desenvolverán diferentes accións formativas nos eidos da dirección de escena, iluminación, escrita teatral e performance.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.