Notas de prensa

A Amtega e o CPEIG colaborarán no fomento do talento dixital das persoas máis novas (Tech Kids) e na formación en ciberseguridade e block chain

O programa Tech Kids ten como obxectivo identificar e desenvolver o talento dixital e fomentar o interese pola tecnoloxía e a ciencia entre a infancia e a mocidade galegas. Estruturarase arredor de tres eixos: Encontros con profesionais TIC, Mática e Ciberseguranza-Kids. A través dos encontros con profesionais TIC, nen@s de 6 a 18 anos poderán interactuar cun experto en temáticas como laboración de personaxes 3D, creación de videoxogos, robótica, intelixencia artificial, impresión 3D ou industria 4.0.

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, renovaron a cooperación entre ambas entidades a través da sinatura dun acordo para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital no ano 2021.

O convenio, enmarcado dentro da Estratexia Galicia Dixital 2030, recolle a realización de actividades para fomento do talento dixital das persoas máis novas (Tech Kids), formación en Administración electrónica, Block Chain e Ciberseguridade así como a creación de espazos de networking entre profesionais TIC (Programa tres14.pm)

Tech Kids: Fomento do talento dixital da infancia e mocidade

O programa Tech Kids ten como obxectivo identificar e desenvolver o talento dixital e fomentar o interese pola tecnoloxía e a ciencia entre a infancia e a mocidade galega. O programa Tech Kids estruturarase arredor de tres eixos: Encontros con profesionais TIC, Mática e Ciberseguranza-Kids. A través dos encontros con profesionais TIC, nenas e nenos desde 6 a 18 anos poderán interactuar cun experto en temáticas relativas á elaboración de personaxes 3D, creación de videoxogos, robótica, intelixencia artificial, impresión 3D ou industria 4.0, entre outras.

A iniciativa Mática consiste na realización dun programa piloto de carácter específico para crear unha comunidade de xoves de 12 a 18 anos de distintas localidades, a través dun programa de xornadas online que proporcione: Ferramentas e contidos que lles permita ver a tecnoloxía e as súas aplicacións na sociedade, referentes de mulleres do sector TIC de distintos ámbitos (empresarial, administración pública, docente) así como información e coñecemento que lles permita decidir a súa futura carreira profesional.

A actuación Ciberseguranza-Kids desenvolverase a través de 12 xornadas de divulgación en modalidade on line mediante charlas con tipoloxía de contacontos ou outro tipo de actividades de carácter dinámico e participativo. Esta actividade está dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos de idade. Ademais, esta iniciativa comprenderá a publicación de vídeos específicos con contido en materia de ciberseguridade para a súa difusión permanente.

Estas tres actuacións tamén forman parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, Plan DigiTalent, impulsado pola Amtega para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.

Xornadas formativas sobre Administración electrónica, Block Chain e Ciberseguridade

O convenio contempla formación para o desenvolvemento das potencialidades dos traballadores dos sectores tecnolóxico e das Administracións así como formación específica dirixida aos axentes da Red CeMIT.

No marco destas xornadas formativas, cabe salientar a formación en Block Chain, dirixida a un publico técnico e profesional.

Ademais, a formación en Ciberseguridade, enmarcada tamén no Plan de Inclusión Dixital de Galicia, permitirá crear novos recursos formativos e impartir cursos formativos sobre Ciberseguridade dirixidos aos axentes das aulas CeMIT.

Creación de espazos de networking: Programa tres14.pm

Outra das novidades deste convenio céntrase na creación de espazos de debate, opinión, coñecemento e networking para profesionais do ámbito TIC, invitando a expertos/as en distintas materias para que realicen unha exposición sobre a materia e un coloquio posterior.

As actuacións previstas polo CPEIG completaranse con actividades de difusión para a comunidade de colexiados, profesionais, organismos e empresas do sector TIC galego, en temas de investigación, tendencias de mercado, innovación, etc.

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), 2021-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES