Notas de prensa

En tempos de covid-19 as empresas buscan, ante todo, profesionais 'responsables, motivados e comprometidos'

En tempos de covid-19 as empresas buscan, ante todo, profesionais responsables, moi motivados e comprometidos coa consecución de resultados. Así se amosa no último Barómetro de Empregabilidade da Universidade de Vigo, un estudo editado polo Consello Social no que se reflexiona sobre as competencias que máis demandan os empregadores tras o xurdimento da pandemia e no que se analiza en detalle como modificou a crise sanitaria a actitude do empresariado á hora de seleccionar o seu persoal.

As conclusións do estudo non deixan lugar a dúbidas: a covid-19 elevou as esixencias dos empregadores.

O barómetro está asinado polas profesoras do Departamento de Organización de Empresas e Marketing, Gloria Caballero e María Jesús López-Miguens, investigadoras expertas en temas de empregabilidade que veñen realizando este tipo de estudos para o Consello Social desde o ano 2015. “Nos primeiros anos analizamos a empregabilidade dos estudantes desde a perspectiva dos propios estudantes, pero no barómetro que publicamos no 2020 xa incluímos tamén a perspectiva dos empregadores”, explican as autoras, ao que engaden que, neste último informe só se considera a percepción dos empregadores e se compara a situación pre e pos pandemia.

Para a posta en marcha do estudo empregáronse dúas mostras de empregadores: a primeira recolle a resposta de 375 empresas antes de que xurdise a pandemia e, a segunda, de 198 compañías unha vez iniciada a crise sanitaria. Todas son empresas que colaboran coa Universidade de Vigo, ben porque teñen asinados convenios de colaboración para a realización de prácticas profesionais do alumnado, ben porque son usuarias habituais do servizo de ofertas de emprego da UVigo ou porque colaboran con algún dos seus grupos de investigación. “O noso obxectivo era contrastar a opinión dos responsables das empresas en relación a un conxunto de factores que determinan a empregabilidade dun estudante universitario”, explican as autoras, ao quen engaden que, con este propósito, analizaron a situación e expectativas que os empregadores teñen no mercado laboral, as actuacións que realizan en materia de contratación de persoal, así como as competencias que esixen aos candidatos que desexan formar parte do seu cadro de persoal.

Competencias da nova era covid

O informe avalía en detalle as competencias da nova era covid-19 que, aínda que coinciden nalgúns casos coas tradicionais, neste momento toman outra orientación. Optouse por dividir todas estas competencias en cinco grandes grupos: calidades persoais, habilidades sociais, traballo autónomo e en equipo, adaptación e eficacia. “Despois de revisar todos os datos puidemos comprobar de xeito claro que agora todas son máis valoradas polos empregadores que antes da pandemia”, recalcan as autoras.

Primeiro, en relación ás calidades persoais, a responsabilidade ofrece a maior valoración, similar en ambos momentos analizados (4,59 sobre 5 antes da covid-19 e 4,64 durante a mesma). Pola súa banda, a calidade que mostra un maior incremento na súa valoración é a da creatividade, pasando de ser valorada en 3,84 sobre 5 puntos antes da covid-19 a 4,57 puntos no transcurso da mesma, o que supón un aumento de 0,73 puntos. A iniciativa, pola súa banda, é a segunda calidade que más incremento amosa, pasando de 4,24 sobre 5 a 4,42, cun incremento de 0,18 puntos.

Respecto das habilidades sociais, a de relacionarse de maneira interpersoal é a máis valorada e ofrece puntuacións medias de 4,10 sobre 5 puntos antes da covid-19 e de 4,20 puntos no transcurso da mesma. Pola súa banda, a valoración da habilidade de negociación pasa de 3,61 a 3,85 puntos, o que supón un incremento de 0,24 puntos. Por último, a de liderado incrementa 0,36 puntos, ao pasar de 3,40 a 3,76 puntos. No que se refire ás competencias de traballo autónomo e en equipo, a que máis valoran os empregadores é a de saber traballar en equipo, que pasou de 4,46 sobre 5 puntos a 4,77 puntos. Séguelle en importancia a da autonomía, que aumenta 0,25 puntos, pasando de 4,17 a 4,42 puntos e, por último, a da comunicación oral e escrita, que pasa de 3,95 a 4,31 puntos, o que supón un aumento en 0,36 puntos.

Polo que se refire á adaptación, a resolución de problemas é a competencia máis valorada e pasou de 4,47 a 4,68 sobre 5 puntos nos períodos analizados, incrementándose 0,21 puntos. A continuación, sitúase a competencia de render baixo presión e, finalmente, a da tolerancia á frustración. Por último, a eficacia no traballo é valorada polos empregadores antes da covid-19 con 3,61 puntos fronte a 4,57 puntos no transcurso desta, cun incremento de 0,96 puntos.

Previsións pesimistas con respecto ás contratacións, salvo en TIC

Outro dos puntos fortes do barómetro é a análise das perspectivas dos empregadores sobre o mercado laboral e sobre a contratación que realizan, tanto antes da Covid-19 como no transcurso da mesma. A previsión do mercado de traballo que realizan os empregadores na súa empresa analízase desde dúas perspectivas: en primeiro lugar, nos próximos dous anos e, en segundo lugar, no curto prazo. Os resultados amosaron que antes da covid-19, o 55,74% dos empregadores esperaban unha previsión do emprego na súa empresa para os próximos dous anos positiva, mentres que no período da covid-19 esta porcentaxe decae ata o 23,98%. Xunto a isto tamén se constata que antes da pandemia preto da metade das empresas analizadas (46,93%) agardaban ampliar o persoal no curto prazo, porcentaxe que logo se reduce ata o 20,70%.

Por sectores, os empregadores que máis prevén un forte incremento nas contratacións pertencen a empresas do sector TIC e de actividades profesionais científicas e técnicas, ambos un 21,05%, mentres que, os que menos prevén este incremento son os sectores de actividades financeiras e de seguros, de construción e de hostalería, que consideran nula esta posibilidade no emprego.

Universidade de Vigo, 2021-06-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Ãrea TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES