Notas de prensa

A USC repite no quinto chanzo do U-Ránking 2021 de universidades españolas

O U-Ránking elaborado pola Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas volve situar a USC, na súa edición correspondente a 2021, no quinto chanzo dunha clasificación composta por doce niveis. Esta edición analiza un total de 72 universidades cubrindo o 98% do Sistema Universitario Español, en termos de número de estudantes de grao, e examina máis de 3.400 graos e dobres graos.

A USC comparte esta quinta posición con outras dezaseis universidades. Esta listaxe ordena as universidades españolas en función do seu rendemento docente, así como no relativo á investigación e á innovación, corrixindo os efectos do distinto tamaño das institucións para facelas comparables entre si.

Na clasificación que atinxe de modo específico aos resultados do eido docente, a USC mantense na cuarta posición dun total de sete postos. Nese cuarto posto, sitúanse 23 institucións. Asemade, no relativo á clasificación que recolle os resultados da avaliación da actividade investigadora e innovadora, a USC ascende un chanzo ao situarse sexta xunto con outras tres universidades nunha listaxe integrada por 18 niveis.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Ãrea TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES