Notas de prensa

A novena edición do Festival Atlántica fai de Galicia a sede do encontro de narración oral máis importante da Península Ibérica

Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia contadores de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, pero non faltarán voces nacionais procedentes de Zamora, Salamanca, Cataluña e, por suposto, Galicia. Algúns dos nomes que configuran o cartel deste ano son Thoma Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Eugenia Manzanera, Pep Bruno ou José Luis Gutiérrez "Guti".

O Festival Atlántica vén de anunciar este martes, 15 de xuño, o programa da súa novena edición, que se vai celebrar entre os días 1 e 11 de xullo. A presentación tivo lugar nunha rolda de prensa na que participaron Anxo Lorenzo, secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Manuel González, alcalde de Outes; Manuel Campos, alcalde de Cuntis; Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra do Caramiñal; María José Sampedro, primeira tenente de alcalde e concelleira delegada de Cultura, Infraestruturas e Urbanismo de Santiago de Compostela; Antonio Golpe, concelleiro delegado da Ãrea de Cultura de Ferrol; Mayte Argibay, concelleira de Cultura de Teo; Begoña Blanco, concelleira de Cultura de Lalín; Alberto Ãlvarez, técnico de Cultura do Concello de Brión; Paz Lago, concelleira de Cultura e Educación de Sanxenxo; Jesús Torres, director da Biblioteca Pública Ãnxel Casal; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica. Ademais, tamén acudironá rolda de prensa numerosos representantes de asociacións e colectivos colaboradores do festival.

Felloza comezou a súa intervención salientando as cifras do festival, no que unha trintena de artistas actuarán nas 82 funcións previstas, que se deslocalizarán en 40 sedes repartidas en 27 municipios das catro provincias galegas. O encontro, que celebra nove anos ininterrompidos de actividade malia a pandemia, desenvolverase por primeira vez no verán e ao aire libre, con boa parte dos espectáculos en espazos de gran valor patrimonial espallados por toda Galicia. Este grado de deslocalización vai achegar o encontro ata un público potencial de máis de 400 mil persoas grazas ao esforzo e ao traballo en rede dos concellos, fundacións e asociacións participantes.

Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia contadores de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, pero non faltarán voces nacionais procedentes de Zamora, Salamanca, Cataluña e, por suposto, Galicia. Algúns dos nomes que configuran o cartel deste ano son Thoma Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Eugenia Manzanera, Pep Bruno ou José Luis Gutiérrez "Guti". A nómina de contadores complétase cunha trintena de artistas galegos nos que figuran, entre outros, Quico Cadaval, Celso Sanmartín, Paula Carballeira, Cándido Pazó, Charo Pita, Avelino González, Raquel Queizás, etc.

Eles serán os artífices duns espectáculos pensados para todos os públicos, desde bebés ata adultos pasando pola mocidade. Volverán os itinerarios narrados pola cidade vella de Santiago e o binomio música e contos que tan boa acollida tivo noutras edicións pero fiel ao espírito innovador de Atlántica, apostarase por las actividades literarias e tamén polo cine.

Novos escenarios

As restricións impostas pola pandemia supuxeron unha oportunidade para reformular o festival. Atlántica, que adoita desenvolverse no mes de marzo, celebrarase este ano durante os once primeiros días de xullo en espazos ao aire libre. Por primeira vez, os contos do festival escoitaranse en lugares sobranceiros do patrimonio galego, moitos deles declarados Ben de Interese Cultural. Van ser escenarios de Atlántica, por exemplo, o Castelo da Frouseira, en Foz; as Torres de Altamira, en Brión, intimamente vinculadas á antiga nobreza galega; ou o curro de Sabucedo, onde se celebra cada xullo a espectacular rapa das bestas, entre outros.

As funcións tamén van ter lugar en zonas naturais como carballeiras ou fragas autóctonas con xacementos arqueolóxicos, castros, petróglifos e tamén en barcas tradicionais da Ribeira Sacra ou da Guarda, que se converterán en miniescenarios nos que escoitar historias mentres se atravesa o río ou a ría. E tampouco faltarán os contos durante o solpor coas illas Cíes no horizonte. A consigna é sinxela: poñer roupa e calzado cómodo para ir á busca dos contos en paraxes espectaculares.

Contos no camiño

Outra das novidades desta edición son os espectáculos itinerantes programados ao longo do camiño de Santiago. Por unha banda, o catalán Pep Bruno realizará o camiño francés a pé e no seu transcurso brindará tres funcións programadas e outras tantas espontáneas. Por outra banda, o galego Avelino González fará o mesmo polo camiño portugués. Cando ambos os dous artistas cheguen a Santiago de Compostela, a Colexiata do Sar acollerá unha función conxunta titulada 'Historias de andantes'' que será o epílogo da súa peregrinación cuentera.

O programa completo de Atlántica 2021 e mais a información sobre os artistas pódese consultar na web do festival (http://festivalatlantica.gal). Por mor das restricións sanitarias que poida haber, para coñecer a información máis actualizada sobre reservas e accesos aos espectáculos cómpre consultar a web do festival.

Festival Atlántica, 2021-06-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Ãrea TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES