
E dos 12 restantes, sinalou, 9 son obrigatorios e non substituíbles agás que coincidan en domingo. En 2022 e, como avanzou o presidente da Xunta ao inicio, dos dous festivos nacionais coinciden en domingo: o 1 de maio (día do Traballo), que se substituirá polo 17 de maio, día das Letras Galegas; e o 25 de decembro (Nadal), que se cambiará polo día de San Xoán (24 de xuño).
Ademais disto, outros 3 festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas, son o 6 de xaneiro, o Xoves Santo e a elección das comunidades o 19 de marzo ou o 25 de xullo. Evidentemente, sinalou, aquí sempre se escolle o Día de Galicia.
Deste xeito, a proposta de festivos, que terá que ser aprobada tamén polo Consello Galego de Relacións Laborais, quedaría así: 1 de xaneiro, 6 de xaneiro, Xoves Santo (14 abril en 2022) Venres Santo (15 de abril en 2022), 17 de maio, 24 de xuño, 25 de xullo 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro e 8 de decembro.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.