
A clasificación está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas: docencia (30% da valoración final), investigación (30%), citacións (30%), proxección internacional (7,5%), e transferencia de coñecemento (2,5%). A proxección internacional é o aspecto mellor valorado da USC, seguido do impacto das súas citas e da transferencia de coñecemento.
108 millóns de citas analizadas
No relativo á proxección internacional, o ránking toma en consideración a habilidade de cada institución para captar alumnado foráneo, asà como a proporción de persoal procedente doutros paÃses e o nivel de colaboradores internacionais, isto é, o número total de publicacións relevantes que teñen polo menos un co-autor internacional.
A transferencia de coñecemento pon o foco na capacidade da institución por nutrir con innovación á industria, mentres que as citacións poñen en evidencia a influencia investigadora da Universidade. Na edición deste ano, examináronse máis de 108 millóns de citas de 14,4 millóns de artigos de revistas, recensións de artigos, actas de conferencias, libros e capÃtulos de libros publicados durante cinco años. Os datos inclúen máis de 24.600 revistas académicas indexadas pola base de datos Scopus de Elsevier e todas as publicacións indexadas entre 2016 e 2020. Tamén se recompilan as citas realizadas a estas publicacións entre 2016 e 2021.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.